Estamos de volta!
E como non podía ser menos, comezamos con unha das tempadas que máis nos gusta no cole: SAMAÍN.
Decidimos inspirarnos no P.D.I. do centro neste curso: "Aturuxos no Rosalía", e decidimos crear a...
"Noite Meiga no Rosalía"
Para isto, o alumnado de de Educación Primaria investigou sobre o conxuro da queimada galega e transcribiu un verso de dito conxuro.
Asemade, as aulas de Educación Infantil prepararon unha decoración terrorífica.
Xuntando este gran traballo que fixo alumnado formamos...
UN MURAL DE MEDO!!!!!!!!
Asemade, celebramos o día do Samaín vindo disfrazados, para despois desfrutar dunha chocalatada e unha festa con moito ritmo.