Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Rosalía de Castro (O Grove)
martes, 14 de maio de 2024
xoves, 9 de maio de 2024
LETRAS GALEGAS 2024
O vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas! Este ano a autora homenaxeada é...
LUÍSA VILLALTA
Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre a súa vida e obra, premede no seguinte vídeo e nas fotos.
martes, 2 de abril de 2024
NADAL 2023
Cunha pouca de espera, pero con moita ilusión e nostalxia, compartimos con todas e todos a celebración do noso pasado Nadal: Badaladas de Fin de Ano e Festival 2023
Para poder visualizar o segundo vídeo, pulsade no enlace. Esperamos que vos guste!!
martes, 19 de marzo de 2024
venres, 15 de marzo de 2024
SAMAÍN 2023
mércores, 13 de marzo de 2024
CELEBRANDO O DÍA DA MULLER!
O 8 de Marzo, adicámosllo a elas!
Este ano, con motivo da conmemoración do 8M, e querendo relacionar o día coas mulleres na ciencia, preparamos unhas charliñas feitas por algunhas mulleres das familias dos nosos nenos e nenas para que nos explicaran en qué consistían os seus traballos.
Tivemos a sorte de contar cunha bióloga ambiental, cunha enfermeira, unha enxeñeira química e cunha profesora de secundaria da rama das ciencias. Todas elas, exemplos de que estes non son traballos que únicamente exercen os homes, tal e como se pensa se facemos caso aos estereotipos de xénero. Foron unhas charlas moi motivadoras e todas e todos quedaron encantados.
Dexámosvos por aquí un vídeo da importancia de romper con estes estereotipos nos centros educativos e na vida cotiá dos nosos rapaces e rapazas, para que poidan voar alto e querer exercer o traballo que eles e elas queiran no futuro, sen medo a ser xulgados.
Deixámosvos tamén unhas fotiños destas charlas que levamos a cabo durante toda esta semana.
martes, 20 de febreiro de 2024
CELEBRANDO A ROSALÍA!
23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
Trasladouse a Madrid en 1855 e alí publicou a súa primeira obra, o poemario en castelán titulado La flor. Este libro recibiu moi boas críticas de Manuel de Murguía, co que casaría máis tarde.
Tras a morte da súa nai, Rosalía e Manuel trasládanse de novo a súa Galicia natal. É nesta época cando escribe as súas obras máis importantes: A mi madre e Cantares gallegos. A familia trasládase a Valladolid, xa que o seu marido e nomeado director do arquivo da mesma localidade. Alí escribe parte do famoso poemario Follas novas.
A comezos de 1880, publica un número considerable de poemas en castelán que serán recolidos no libro En las orillas del Sar. En 1883 trasladouse a Padrón, onde faleceu dous anos despois, aos 48 anos de idade, por mor dun cancro de útero.
Rosalía de Castro foi unha escritora galega que potenciou e valorizou a literatura galega e está considerada como unha autora fundametal do século XIX.
Recursos para traballar o día de Rosalía nas aulas.
Fai click aquí para acceder ás propostas de varios centros educativos da nosa contorna e aquí para escoitar a canción "Tecín soia a miña tea" presentada no Portal da Lingua Galega da Xunta. A continuación, fai click nos seguintes títulos para poder acceder a máis materiais.
- Poema musicado Amancio Prada.
- Poema con pictos.
- Poema musicado Maio Longo.
- Poema musicado Guadi Galego.
- Poema Alborada "Rosalía pequeniña".
- Visita virtual ao museo de Rosalía de Castro.
- Biografía realizada en LSE da Biblioteca Virtual Miguel Cervantes.
- Genially para infantil.
- Genially para infantil e primaria de Sandbox Educación.
- O rosco de Rosalía. Xogo en liña.
- Podcast: abecedario galego.
Fai click na imaxe para ver un vídeo da receita feita polo chef galego Óscar Vidal.
luns, 19 de febreiro de 2024
O ENTROIDO NO ROSALÍA
Por aquí vos deixamos un pouquiño do desfile de Entroido que fixemos no cole.
Agardamos que vos guste!
martes, 30 de xaneiro de 2024
OS MANDADIÑOS DO MECO
Achégase o entroido e no cole estámonos a preparar!
Por iso vos deixamos por aquí Os Mandadiños do Meco da semana que ven. Cada día da semana teremos que vir vestidos segundo as instrucións do noso Meco.
Lede ben e botádelle imaxinación! De seguro que será unha semana moi especial e chea de sorrisos e cor!
martes, 23 de xaneiro de 2024
mércores, 17 de xaneiro de 2024
É TEMPO DE ENTROIDO
Por estas datas só pasa unha cousa polas nosas mentes...
ACHÉGASE O ENTROIDO!!!!!!!!!
No noso cole xa se convertiu en tradición investigar cada sobre un Entroido de Galicia. Como lembraredes, o ano pasado tocoulle aos XENERAIS DA ULLA.
E este ano este ano o Entroido escollido é...