Dende a equipa de Normalización gustaríanos dárvolas grazas tanto aos titores como ao alumnado pola vosa participación nas actividades propostas para celebrar este día.
O resultado do voso libro viaxeiro foi moi satisfactorio.
Xa sabedes que está exposto na biblioteca para todos aqueles que o queirades ler.
Aparte dun libro viaxeiro celebramos os apadriñamentos lectores no que os alumnos maiores contáronlles contos aos mais pequenos. a algúns non os perderemos de vista xa que teñen madeira de actores e actrices.