Despois dun duro traballo para a elección dos gañadores do concurso da portada e contraportada da nosa revista, cada ano poñédelo mais difícil, os gañadores son:
GEMMA LLAMAS 5ºA
YARA LAGE SOTO 6ºB
NORABOA as dúas. Veredes o voso traballo publicado en breve.
Este ano o día das letras galegas adícase a Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político e etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 aos 89 anos de idade.
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar... e tamén aqueles adicados aos nenos como Agromar, Os nenos ou Quintana Viva. Para saber mais sobre este autor galego podedes consultar as seguintes páxinas: