luns, 14 de decembro de 2020

Xa estamos no Nadal!!

Si, xa estamos no Nadal! Os nenos/as e maiores agardamos estas datas ansiosos por xuntar á familia, ter vacacións e sobre todo...por recibir algún agasallo si nos portamos ben ao longo do ano! Durante estes días traballaremos algún dos personaxes típicos do Nadal, como "Papá Noel" os "Reis Magos" e tamén achegaremos aos alumnos/as a figura do "Apalpador". Se queredes saber quen é o "Apalpador" non vos perdades a súa historia!

  

 

  Lecturas recomendadas para o Nadal, dispoñibles na biblio do noso cole!


sábado, 14 de novembro de 2020

Os nosos festexos de outono!

 Boasssss!!! Aquí vos deixamos unha recompilación de como foi o Samaín e o Magosto no noso cole, agardamos que a desfrutedes 😁



luns, 9 de novembro de 2020

MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS

Acércase o San Martiño, e con el o tempo do magosto! 

Moito nos gusta comer as castañas asadas no noso cole, e este ano, respectando as distancias e con moito sentidiño, grazas a toda a comunidade educativa puidemos desfrutar delas coma todos os anos!!!! Ademais, puidemos desfrutar de distintos xogos tradicionais, pronto poderedes ver o ben que o pasamos! 

Mentres tanto, aquí vos deixamos un arquivo moi interesante sobre "Xogos tradicionais", botádelle un ollo e animádevos a xogar!!!

luns, 2 de novembro de 2020

CONXUROS

Despois de agardar impacientemente...por fin podemos ver os "Conxuros" que realizaron os/as alumnos/as do noso cole polo Samaín!  🎃

Xa adiantamos que...estes nenos/as teñen moooooooita imaxinación e foron uns grandes feiticeiros/as! Ollade!! 👀



 
LE OS NOSOS CONXUROS!!! 

venres, 23 de outubro de 2020

Chegou o Samaín!

 Olaaaa olaaa a todos e todas!😀

Despois de todos estes meses tan estraños, por fin puidemos volver ao cole! Todo é un pouco "diferente" pero...hai cousas que non cambiarán! Durante o mes de outubro sempre estabamos impacientes porque chegase o Samaín, e...este ano non iba a ser menos! Teremos un Samaín...de MeDoO!!! 😱😱

    Momias           Sangue           Esqueletos            Cabazas 🎃      

              Arañas          Pantasmas        Bruxas       Vampiros          

    Apócemas            Zombis                      Medo        ... 

Con todo isto e máis, este ano teremos que converternos en bruxos e bruxas e elaborar un "conxuro"

Ollade! 👀


 

 

 

xoves, 18 de xuño de 2020

Día do Medio Ambiente!

O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente. Algúns nenos e nenas do noso cole xogaron coa linguaxe e fixeron uns acrósticos moi chulos con palabras relacionadas co Medio Ambiente!
 Ademais, deseñaron anuncios para concienciar ao ser humano da importancia do seu coidado e conservación, ollade 👀!

💚Medio Ambiente💚

xoves, 4 de xuño de 2020

Caricaturas Carvalho Calero!

Despois de traballar ao autor homenaxeado e afondar nalgunhas das súas obras, os alumnos/as de 3º EP animáronse a facer unha caricatura de Ricardo Carvalho Calero.
Definitivamente...son uns verdadeiros artistas!!! Ollade!


luns, 18 de maio de 2020

O Refraneiro da primavera!

Tempo de flores, plantíos, árbores froiteiras, días solleiros...así é a primavera! Aínda que este ano sexa confinados, pronto poderemos desfrutar dela! Dende o EDLG propuxemos ao noso alumnado continuar co refraneiro recompilando refráns populares relacionados con esta estación do ano. Aquí vos deixamos algúns deles!



Entre os máis populares:  😉

-En abril, augas mil!
-A primavera que cante, que chore, nunca vén sen flores.
-Ata o corenta de maio, non quites o saio.

xoves, 7 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas!

O vindeiro 17 de maio é o día das nosas letras, das nosas verbas, é o Día das Letras Galegas!!!
Cada ano un autor galego é homenaxeado nese día, e este ano o homenaxeado é...
Ricardo Carvalho Calero.
Para saber un pouquiño máis sobre este autor, e afondar sobre o seu estudo sobre a literatura galega, o seu compromiso coa nosa lingua, as súas obras de poesía, teatro...deixámosvos algúns recursos!


BIOGRAFÍA "RICARDO CARVALHO CALERO"


luns, 4 de maio de 2020

O MAIO

Maio

Sabedes o que é un maio?? Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os principais ingredientes dos "Maios", as construcións vexetais que a primeiros do mes de maio enchen as rúas de case toda Galicia!

Sabiades que no Grove o día 1 de maio de cada ano celébrase un tradicional concurso de maios???! Seguro que algún de vós foi algunha vez, este ano non foi posible pero...apuntádeo na vosa axenda do próximo ano! 😉 

Cada primeiro de maio  a vexetación sae á rúa en forma de "maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora.

Os "maios" foron pensados  para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais ou sobrenaturais. Era unha festa na que os nosos antepasados celebraban a fin do inverno e a chegada da primavera.







POEMA "AÍ VEN O MAIO"

Manuel Curros Enríquez


xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!

23 de abril, celébrase o día do libro

Aínda que os libros son especiais, e todo o ano lle temos que adicar o noso tempo e agarimo, hoxe é o seu día!
Por iso, vos deixamos este arquivo onde podedes atopar recomendacións de lectura en galego, e algúns audiocontos para que gocedes do voso tempo de lecer coa lectura!

Le en galego!!!
Para iso, preme en Baía Edicións, Xerais e Papagaio, atoparás recomendacións de lectura en galego e algúns números da revista Papagaio.
Tamén podes acceder aos audiocontos de Contos do Camiño e Kalandraka.


martes, 31 de marzo de 2020

TODO VAI SAÍR BEN!!!

Os nenos e nenas de 4º do noso cole fixeron uns debuxos moooooooooi chulos para animarnos e lembrarnos que... 
TODO VAI SAIR BEN!! 

MOITAS GRAZAS COMPAÑEIROS/AS!!!!

luns, 30 de marzo de 2020

Non vos perdades esta magnífica interpretación!

Ola a todos!
Estamos ansiosos por que esta situación remate axiña e poidamos reencontrarnos!
Mentres tanto, os alumnos do Rosalía seguen argallando! 
Sara e Naima non lle dan cabida ao aburrimento e desfrutan moito creando as súas historias, pero...non só creando, senón tamén interpretando!!!!!! 
Non vos perdades este bonito conto creado e interpretado por elas mesmas! 

MOITAS GRAZAS!!!

 


E seguimos coas interpretacións! No seguinte vídeo, Paula de 4º A interprétanos o seu magnífico conto!

MOITAS GRAZAS!!!
 
 

luns, 9 de marzo de 2020

NAMORADOS DA NOSA LINGUA!!!

Como xa vos adiantamos nunha entrada anterior, durante o mes de febreiro celebramos no colexio o "mes do amor e da amizade". Fixemos actividades en colaboración coa biblio do cole como "un bico para...", "declárate cantando", actividades a nivel de aula para conmemorar o "Día de Rosalía de Castro", festexamos o Entroido...en conclusión, un mes moi atarefado e con moita festa 😀!!!

Entre todas as actividades, cabe sinalar unha moi especial. O 21 de febreiro foi o Día Internacional da Lingua Materna, por isto, en cada aula, os nenos e nenas  do Rosalía mergullámonos na nosa lingua pescudando palabras fermosas que nos gustaría compartir cos nosos amigos e familia. O resultado final foi este fermoso vídeo, non o perdades!!!!!!





domingo, 1 de marzo de 2020

xoves, 27 de febreiro de 2020

Entroido 2020 no Ceip Rosalía de Castro!

Non vos perdades o guapos que fomos ao cole na semana do entroido cos mandadiños do Meco!


mércores, 26 de febreiro de 2020

24 FEBREIRO, Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro conmemorase o Día de Rosalía de Castro co motivo do 183 aniversario do seu nacemento! Rosalía de Castro é unha poetisa e novelista moi recoñecida na cultura galega. Aquí vos deixamos algunha unidade didáctica para coñecer ben a nosa querida Rosalía!

Unidades didácticas Rosalía de Castro por niveis (Recompilación de actividades do seminario Galán)









Un bico para...

O mes de febreiro adicámosllo ao amor e a amizade no noso cole! tódolos días do ano debemos amosar cariño, respecto e amor polos nosos achegados, pero non soamente polas persoas, senón tamén pola natureza e por todo o que nos rodea! Deste xeito, os nenos e nenas do Rosalía fixeron unha actividade moi especial e dedicaron un bico para...




martes, 18 de febreiro de 2020

O Entroido en Galicia!

No noso pobo celébrase o Entroido con moito entusiasmo, ao igual que noutros lugares da nosa comunidade autónoma. Aquí vos deixamos algúns recursos para que poidades coñecer como o festexan noutros lugares de Galicia. Non o perdades!!! 




Tamén vos deixamos un enlace con actividades de interese para facer nestes días:

"Mergullémonos no Entroido"
"Manualidades" 
Alguns vídeos e cancións! 

Arquivo pdf moi completo con información sobre como se festexa o entroido en distintos lugares de Galicia:
"O Entroido en distintos lugares de Galicia"

domingo, 16 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020 !!

Xa chegou o entroido! Dende que comezou o ano é a data máis esperada por todos nós. O Meco xa se deixou ver durante a semana no noso cole, veu para traernos os mandadiños para este entroido, e como non, pensou no coidado do noso planeta e propúxonos o seguinte para engalanarnos durante a vindeira semana:



mércores, 5 de febreiro de 2020

Día da Paz e da Non Violencia!

O 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día escolar da Paz e da Non violencia. Cada titor/a fixo actividades relacionadas con este día cos seu nenos e nenas na aula, pero tamén, xuntos, bailamos a "Danza da paz" (coa música de Mamá Cabra). Pasámolo xenial!
                       



                              Vídeo baile Día da Paz 

Ademais, nas portas principais de entrada e saída aos nosos patios temos unha receita mooooooi especial, a "receita para xogar en paz" que non soamente teremos en conta nun día tan sinalado, senon tódolos días do ano!!!








luns, 20 de xaneiro de 2020

"Os nosos desexos de Nadal"


O Nadal é unha data moi especial, ben sexa por compartir momentos coa nosa familia e amigos, dar e recibir agasallos…e sobre todo, unha data na que pedimos desexos! Este ano os nenos e nenas do Rosalía engalanamos as árbores de nadal do corredor central do colexio con adornos que contiñan uns desexos moi especiais dos nosos alumnos/as para conservar e coidar o planeta Terra!


sábado, 18 de xaneiro de 2020

Afondamos na nosa lingua! Espectáculo "Rilla Rilla"




Os nenos e nenas do Rosalía fomos convidados á preestrea do espectáculo “Rilla Rilla na lingua” de Xarope Tulú. Pasámolo moi ben no concurso ademais de aprender moitas palabras e expresións novas en lingua galega!