Este sábado desprazámonos a Zamáns (Vigo) para participar na fase provincial do Cros Escolar de Xogade.
Un total de 21 nenas e nenos de diferentes cursos do Rosalía enfundáronse a nosa camiseta para participar nunha xornada especial, na que, ademais das carreiras, houbo tempo para a diversión e a convivencia.
O Rosalía segue en movemento!



