Imos compartir con todos/as vós como é o entroido na nosa vila. Nos últimos anos non puido festexarse como sempre por causa da pandemia, pero imos explicar como o celebrabamos cada ano, esperemos que pronto poidamos recuperar todas estas actividades! Escoitade con atención!
Como ben dixeron os compañeiros, o "prato forte" do noso entroido son as "comparsas". Ollade a noticia que nos achegan os compañeiros/as de 6º!
Sabiades que? Cóntase que a orixe do Meco está na nosa localidade, o Grove. Aos grovenses tamén se nos coñece como "Mecos" pero... sabedes por que?
Aquí viviu un
home que tiña mala fama. Dise que
pola súa actitude foron os propios habitantes da vila que chegado o día de entroido, fartos dos seus abusos, collérono e aforcárono, pendurándoo dunha figueira.
Non perdades detalle da historia desta figura tan popular dos entroidos de moitos lugares de Galicia!
*Parte do texto da lenda é do libro "Os mequiños e a lenda do Meco" de Juan Sendino e Pepe Carreiro, publicado por Todogrove edición.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE COMO FESTEXAMOS O ENTROIDO NA NOSA VILA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario