Nestes primeiros meses de curso, nas clases de Educación Física de 1º e 2º ciclo estamos a coñecer mellor o noso corpo. Saber como somos, como nos movemos e que podemos facer con cada parte é moi importante para aprender a movernos mellor, xogar e desfrutar da actividade física.
A través de xogos e actividades divertidas, os nenos e nenas van descubrindo o seu corpo e aprendendo a controlalo. Algunhas das propostas que fixemos foron:
Transportar obxectos con diferentes partes do corpo.
Xogos de equilibrio, para manterse firmes sen caer.
Debuxar a silueta do corpo con cordas e outros materiais.
Pequenos circuitos motrices, onde poñemos en práctica o control, a coordinación e a axilidade.
Todo isto axúdalles a coñecerse mellor, gañar confianza nos seus movementos e sentar as bases para seguir aprendendo novas habilidades ao longo do curso.






Ningún comentario:
Publicar un comentario