luns, 9 de decembro de 2019

"O noso refraneiro"

Ao longo de todo este curso, os alumnos e alumnas do noso cole imos traballar os refráns. Os refráns son esas frases curtas que antes escoitabamos a diario dos nosos avós, pais e familiares e que reflectían un pensamento popular baseado en algo que lles acontecía. Coa colaboración das familias e dos mestres, faremos unha recompilación de refráns típicos da cultura galega que estean relacionados coas estacións do ano.
Polo de agora xa temos os refráns do outono na ventá do "NOSO REFRANEIRO"!






BEN! xa temos os refráns do outono e do inverno na ventá do "NOSO REFRANEIRO"!!!

                                             *  Refráns do OUTONO  *




-Despois de San Martiño, o inverno ven de camiño.
-O que non sabe mañas non come castañas.
-Polo San Martiño trompos ao camiño e polo san Antón trompos no faiado.
-A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
-Castañas, noces e viño fan as delicias do San Martiño.
-Polo San Andrés, frío nos pés.
-Polo San Miguel xa o coello se ve ben.
-A castaña que está no camiño é do veciño.
-Entre Santos e Nadal ou ben chover ou ben nevar.
-A horta do outono, mantén ó seu dono.
-A Lúa de outubro sete días cobre e chove só nove.
-Se en setembro comeza a chover, o outono seguro é.
-Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara.
-Outono chuvioso, ano copioso.
-A horta do San Martiño, ten para el e para o veciño.
-San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.
-Estamos no outono, paxaros marchan xa, días máis curtos e frío vai chegar.
-Polo San Martiño faise o Magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
-Polo San Martiño, castañas ao lume, leña no fogar e as ovellas a gardar.
-Outono quente trae o demo no ventre.
-Dichoso mes, empeza con Santos e remata con San Andrés.
-Flores en outono, fame no ano novo.
-Cando en setembro acabas de vendimar, en outubro ponte a sementar.
-Sempre o peor porco atopa a mellor castaña.
-De San Martiño en adiante non hai demo que aguante.
-A auga que en outono corre é a que me quita de pobre.



                                                 *  Refráns do INVERNO *






-Decembro nevado para o trigo bo ano.
-Febreiro xeada na leira e cachopo na lareira.
-Polo San Blas, unha hora máis.
-Se a Candelaria chora inverno fóra.
-Inverno chegar, Nadal preparar.
-Noite estrelada de inverno, a mañá cara de corno.
-En febreiro como o día 3, o resto do mes.
-Por xaneiro vale máis unha gorra que un sombreiro.
-En decembro descansa en xaneiro traballa.
-No inverno, treme o enfermo.
-É inverno natural dende Santos a Nadal.
-Cando as rás cantan en xaneiro, sinal de fame no rueiro.
-En xaneiro, media arca, medio palleiro e o porco todo enteiro
-Día de entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa.
-Decembro mollado, xaneiro xeado.
-Tantos días de sol en Nadal como de auga en San Xoán.
-Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.
-Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
-Nadal mollado e xaneiro ben xeado.
-No mes de xaneiro cos pés no braseiro.
-Por San Vicente o inverno perde un dente.
-En xaneiro, bufanda, abrigo e sombreiro.
-Xaneiro frío ou templado, pasalo abrigado. 
-Marzo marzal, polo día cara de rosa, pola noite cara de can.
-Cando marzo vai mediar, debe o inverno rematar.
-Inverno chuvioso, verán caloroso.
-Dende o 20 en diante, o inverno xa é constante.
-Golfiños que moito saltan, vento traen e calma espantan.
-Gaivotas á terra, mariñeiros á taberna.
-Cando en inverno ves tronar, vende os bois e bota o pan. 
-Marzo engañador, un día malo e outro peor.
-A lúa de xaneiro, a máis clara do ano enteiro.
-Tralo veraniño do San Martiño, chega o Nadal co seu inverniño.
-Decembro nevoso, trigo fermoso.
-Cando chove e quenta o sol, anda o demo por Ferrol.
-A ovella que pace en febreiro, nin ovella nin carneiro.
-Xaneiro quente, trae o demo no ventre.
-Neve en febreiro e un lobo no quinteiro.

martes, 19 de novembro de 2019

E por fin temos gañadores do concurso de portas tenebrosas!! En Educación Primaria a porta gañadora foi a dos alumnos/as de 4º B e en Educación Infantil a porta dos nenos e nenas de 5 anos. Os agasallos foron xogos didácticos para a aula, esperemos que os disfrutedes moito e... PARABÉNS aos gañadores!!

4º B

5 ANOS



martes, 12 de novembro de 2019

Disfruta coa lectura das Historias tenebrosas!






                    Fai CLIC para disfrutar da lectura!

Samaín 2019!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como festexamos o Samaín no noso cole! Non vos perdades a decoración dos nosos corredores coas creacións xeniais que fixeron os nenos e nenas empregando materiais reciclados, o resultado foron uns monstros mooooooi terroríficos!
Ademais, cada clase decorou a sua porta e acompañouna dunha historia tenebrosa...estás preparado/a para lelas?
Proximamente publicaremos quen foi a clase gañadora do concurso!


domingo, 10 de novembro de 2019

O Grove, vila mariñeira!

A NOSA VILA, O GROVE

O Grove é unha vila pesqueira, porén os nosos nenos e nenas deben achegarse á terminoloxía mariñeira e pesqueira! Mergulládevos nesta web para coñecer mellor o fabuloso mundo mariño!!


 https://pequepeixe.gal/
  

ÁLBUM DE CROMOS con información da flora e fauna da contorna, elaborado polos compañeiros/as do CRA María Zambrano, O Rosal (Pontevedra).




Cromos animais da contorna 

Canción "Peixiños do mar"




sábado, 26 de outubro de 2019

CHEGOU O SAMAIN!!

Ola un ano máis a todos e a todas!!! regresamos para poñervos ao día de todo o que acontece no cole, e que mellor maneira de facelo que coa chegada do Samaín! Como cada ano celebraremos o Samaín no cole, e este ano poñeremos ás nosas cabezas a pensar para crear a porta e a historia máis tenebrosa do colexio! Pronto publicaremos as creacións dos nenos e nenas do Rosalía.
Agardaremos impacientes!!!


mércores, 23 de outubro de 2019

Máis e máis refráns!

Refráns en galego!
Durante este curso imos elaborar o noso refraneiro recompilando refráns de cada época/estación do ano. Nesta ligazón podedes atopar moitos e pescudar o seu significado!