xoves, 2 de novembro de 2023

MARE MONSTRUM POLO SAMAÍN

Benvid@s un curso máis!!!!

Chegou o SAMAÍN e decidímos inspirarnos no P.D.I. do centro neste curso: "Mergúllate no Rosalía" para poder pasalo de medo. 💀

Cada aula de Educación Primaria escolleu un monstro mariño e investigou sobre as lendas destes para facer unhas gravacións terroríficas.

LENDA DE 1º


LENDA DE 2º

LENDA DE 3ºA

LENDA DE 3ºB

LENDA DE 4ºA

LENDA DE 4ºB

LENDA DE 5º

LENDA DE 6ºA

LENDA DE 6ºB

Asemade, @s compis de Educación Infantil crearon unha ficha técnica de cada un dos monstros. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.



















Con toda esta información, obtivemos como resultado...

UN MURAL DE MEDO!!!!

ACHEGÁDEVOS AO CORREDOR PARA VELO!!


xoves, 8 de xuño de 2023

"FOLLAS NOSAS"

 TACHÁN !!!! 

Xa temos a revista escolar deste curso co traballo realizado polas nenas e nenos do noso cole!

Moitas gracias alumnos e profes, agardamos que todas e todos desfrutedes da lectura! 😍

martes, 23 de maio de 2023

Marcha Saudable pola Lingua!

 O pasado 19 de maio puidemos desfrutar dunha xornada moi saudable na contorna do noso cole. Nela participaron todos os alumnos/as do cole!!! 

Ollade que ben o pasamos e sobre todo...canto exercicio fixemos pola nosa saúde e tamén pola nosa LiNGua !! 


 

venres, 19 de maio de 2023

Visita do alumnado do IES

 O pasado 16 de maio, tivemos unha visita moi especial! Antigos alumnos/as do noso cole que agora están en 2º da ESO no IES Monte da Vila, viñeron xunto coa súa mestra de galego, a contarnos uns contos moi chulos ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria!!

MOITAS GRACIAS!!


 

martes, 9 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Un ano máis achégase o día das nosas verbas, o Día das Letras Galegas! Este ano o escritor homenaxeado é ...

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Queredes coñecer un pouco da súa vida? Non perdades detalle!


 Algunhas actividades interactivas sobre o autor compartidas polo Seminario Galán:

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

mércores, 3 de maio de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das representacións teatrais que fixeron os alumnos/as de 5º e 6º. Estiveron fantásticos!! 

Parabéns!!



luns, 24 de abril de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Olaa olaaa!

A case todos nos gusta ler, verdade??? E que mellor que ler un libro recomendado por outro neno, xa que será un bo libro seguro!

Imos ver as recomendacións lectoras que nos fan os nenos de 6ºA, convertéronse en "booktubers", asique...tomade nota para desfrutar dunha boa lectura!! 👍




sábado, 15 de abril de 2023

"Día do LibRo 2023"

 Como cada ano, a semana do libro é unha semana moi sinalada, xa que o alumnado de 5º e 6º do noso colexio convértese en "Padriños lectores" e preparan durante moito tempo, con mooooooito esforzo e agarimo, as representacións teatrais que interpretarán neses días para o resto de compañeiros. 

Teremos que agardar para velas ata o vindeiro xoves 27 e venres 28 de abril, estamos ansiosas/os por desfrutar delas!!

Apadriñamento lector -ceip rosalía de castro- de Mª Belén Vidal Torres

venres, 24 de marzo de 2023

PORTADA E CONTRAPORTADA "FOLLAS NOSAS 22-23"

 

 "GAÑADORES E FINALISTAS DO CUNCURSO PORTADA / CONTRAPORTADA REVISTA ESCOLAR DIXITAL 22-23"

Cada ano, o talento das nosas alumnas e alumnos fainos máis difícil a escolla! O noso xurado xa elixiu os debuxos gañadores para a portada e contraportada da revista escolar!

O debuxo gañador para a portada é ...  

Manuel Gómez de 6º A

Os debuxos gañadores para a contraportada son ... 

Uxía Rodiño (2º B)

María (1º)


Leda (2º B)
Mencía (3 anos A)

PARABÉNS!!! 

******************************************

DEBUXOS FINALISTAS PORTADA:

                                                                      -Naira Meis (5º)

 

-Martina Feijoo (6ºA)

 
- (6ºB)
-Andrea (6ºB)
-Naia (6ºA)
-Enzo (3ºB)

-Nico (3ºB)
-Sabela (3ºB)
-Mateo (3º B)
-Manu (4º)
-Ester (4º)

-Sarela (4º)

-Nayara (6ºA)

-Nerea (6ºA)


-Daniela (6ºA)

DEBUXOS FINALISTAS CONTRAPORTADA:











GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!


martes, 14 de marzo de 2023

O GALEGO DO GHROVE!

O alumnado de 6º estivo analizando as peculiaridades do galego da súa vila, que na  fala é mooooooi recoñecido: o galego do Ghrove!! 

Ademais de empregar os fenómenos lingüístico da "gheada" e o "seseo", tamén se utiliza na fala expresións moi características dos "mecos". Non perdades detalle dalgunhas delas!



xoves, 2 de marzo de 2023

Rosalía, Rosalía

 O alumnado de 4º EP do noso cole participou nun concurso organizado pola Deputación de Pontevedra para poñer en valor a Rosalía de Castro e outros valores asociados, especialmente o feminismo e a reciclaxe.

A proposta consistía en facer unha colaxe sobre a vida ou algunha obra desta autora con materiais de refugallo. As nenas e nenos trouxeron materiais das súas casas, polo que se agradece a participación e colaboración das familias neste proxecto, e fixeron unha composición cun dos poemas de Rosalía de Cantares Galego, "Alborada".

Ollade o bonito que quedou! 👀          

PARABÉNS !!!👏👏👏