venres, 10 de decembro de 2021

NOTICIARIO MES DE NOVEMBRO

 Boas a todos/as!

Xa dispoñemos doutra edición do Noticiario "24 Horas no Rosalía!". Nesta edición, os compañeiros de  6º B foron os encargados de contarnos as noticias do mes de novembro. Non perdades detalle, esperamos que vos guste! 👀



venres, 3 de decembro de 2021

Festexos do outono No RoSaLía!!

 Olaa olaa de novo! Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos no noso cole nos festexos de outono, no Samaín e o Magosto! 👀



venres, 5 de novembro de 2021

O MAGOSTO

Despois do Samaín, agardamos inquedos a chegada do seguinte festexo do outono, O MaGoSTo!!! Que pracenteiro é ir camiñando pola rúa un día solleiro e frío de outono e ulir o recendo das castañas asadas, verdade? 😋😋

O vindeiro venres 12 poderemos desfrutar da tradicional festa do magosto no noso cole, onde non faltarán os xogos populares e as castañas asadas! Mentres tanto, aquí vos deixamos algunhas actividades moi chulas relacionadas con este festexo de outono, elaboradas por compañeiros/as doutros colexios de Galicia! 

 


xoves, 4 de novembro de 2021

Noticiario "24 horas no Rosalía"

Este ano, os nenos e nenas de 6º farán...o noticiario "24 horas no Rosalía"!!!!!
Do programa do mes de outubro encargáronse os/as alumnos/as de 6º A. 
Non perdades detalle das novas que nos achegan!!!! 

Grazas compañeiros de 6º por toda a información! 



sábado, 30 de outubro de 2021

Rimas do Samaín!

Despois dunha xornada moi divertida e tenebrosa, por fin temos a proba de que no Rosalía...RiMaMos de MeDoOoO! Ollade!👀👀


 

xoves, 21 de outubro de 2021

No Rosalía...Rimamos de medo!!!

BenVidOs a un novo curso!😀

Olaaaa a todos e todas!!

Xa estamos no mes de outubro, mes de outono no que caen as follas das árbores, os días minguan, comeza a facer frío, caen os ourizos dos castiñeiros... pero...que máis ocorre no outono?? 

Seguro que acertaches: comeza o conta atrás para o Samaín👿👿!!!!!  Un dos nosos festexos favoritos do outono!

    Momias           Sangue           Esqueletos            Cabazas 🎃      

              Arañas          Pantasmas        Bruxas       Vampiros          

    Apócemas            Zombis                      Medo        ... 

O ano pasado convertémonos nuns bos bruxos e creamos uns conxuros chulísimos, e para este ano... que vos parece se RiMaMoS De MeDo?????

Rimamos de medo de Belen Vidal Torres

sábado, 16 de outubro de 2021

Mulleres científicas ao longo da Historia

Neste enlace podedes coñecer a mulleres científicas da Historia, escoitade atentamente aos alumnos de 2º da ESO do IES Antonio Fraguas (de Santiago de Compostela)


Hecho con Padlet
AGORA, COMPROBA O QUE APRENDICHES XOGANDO! https://view.genial.ly/603f707aa7ab860d49bcb57b/presentation-mulleres-cientificas-ao-longo-da-historiaxogos

martes, 8 de xuño de 2021

Revista escolar curso 20/21 "FOLLAS NOSAS"

Tic Tac Tic Tac...! 

Xa temos a revista escolar deste curso! 

Como non podía ser doutra maneira, chea de actividades e seccións chulísimas feitas polos alumnos do Rosalía. Desfrutádea!!

xoves, 27 de maio de 2021

Apadriñamento lector e SeMaNa DaS LeTraS GaLeGas!

 Este ano puidemos retomar a actividade do apadriñamento lector, pero para facelo máis especial, os compañeiros/as de 5º e 6º prepararon, e algúns ata inventaron unhas obras de teatro con moooooito, mooooooito esmero e cariño! Puidemos desfrutar de historias fantásticas, contos clásicos do revés e unha representación sobre alimentación saudable con canción incluída!  Desfrutámolas moito! 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra. 👀👀



mércores, 12 de maio de 2021

*Semana das letras galegas*

 O vindeiro 17 de maio é o día das nosas letras, das nosas verbas, é o Día das Letras Galegas!!!

Cada ano un autor ou autora galego/a é homenaxeado/a nese día, e este ano a homenaxeada é...
Xela Arias Castaño
 Quen foi Xela Arias? Biografía da autora 👀👀

Para saber un pouquiño máis sobre a autora e afondar sobre a súa vida, o seu estudo sobre a literatura galega, o seu compromiso coa nosa lingua, as súas obras...deixámosvos os seguintes LIM elaborados polo EDLG do noso cole, desfrutádeos!

Educación Infantil

 1º,2º e 3º Educación Primaria

4º, 5º e 6º Educación Pimaria

 

 

martes, 20 de abril de 2021

GAÑADORES DO CONCURSO DE PORTADA E CONTRAPORTADA

 Despois dunha dificilísima escolla, o noso xurado elixiu debuxo gañador para a portada e contraportada da revista escolar deste curso!

O debuxo gañador para a portada é de ... Sara de 5º A!

O debuxo gañador para a contraportada é de ... Enzo Alexander de 1º B!

PARABÉNS!!! 

PORTADA

 

    CONTRAPORTADA                    

  

DEBUXOS FINALISTAS:

-Daniela Trelles (5ºB)

-Iris (4ºB)

-Natalia Garrido (6ºA)

 -Naira (3º)

 

-Raúl (6ºB)

-Enya (5ºA)

-Andrés (3º)

-Nicolás Cacabelos (1ºB)

-Thalía (1ºB)


GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!



luns, 5 de abril de 2021

ABRIL, MES DOS CONTOS EN GALEGO!!

Olaaaa nenos/as!
O vindeiro 23 de abril é o Día do Libro. Por iso, imos dedicarlle o mes de abril aos contos en galego! Os libros achégannos innumerables aventuras e ademais, fan que pasemos moitos momentos agradables. Si estamos moi atentos á lectura e nos metemos no papel dos personaxes...podemos pasar horas lendo!!
 
Un conto é unha moi boa opción para calquera día do ano, sabedes que a través dos contos podemos mergullarnos en infinitas aventuras????? 

Siiiiiiiii, lestes ben!!!! 
Si prestamos atención cando lemos ou escoitamos un conto, poderemos viaxar a outros lugares, transformarnos en fadas ou trasnos, guerreiras/os, seres inanimados, bruxas/os, animais...Facede a proba! 
Soamente tedes que prestar moooooita atención e deixar voar a vosa imaxinación!

Aquí vos deixamos o divertido conto "A vaca que puxo un ovo"


Nestes enlaces podedes atopar outros contos curtos moi divertidos en galego! 

-Educación infantil,1º e 2º EP.- 

Mago rosa

Elmer, o elefante de cores

As aventuras de cocorico

Caracol e caracola

 
 
-Educación Primaria-
  • Audiocontos.

 A figueira de Pelostortos.

Chocolata.

A tartaruga que quería durmir.

A princesa que bocexaba a todas horas.


  • Contos e libros para ler. (Preme nas opcións)

luns, 8 de marzo de 2021

venres, 5 de marzo de 2021

*RoSaLíA no Rosalía*

 Cada ano nas datas próximas ao 24 de febreiro coñecemos un pouquiño  máis a Rosalía de Castro. A súa vida, traballamos nalgunhas das súas obras... Este ano participamos nun concurso de debuxo, "a nosa Rosalía", organizado pola Deputación de Pontevedra. Ademais, o alumnado do cole achegou aos amigos Mbot e Beebot os nomes dalgunhas obras da nosa escritora favorita, Rosalía! 

Ollade! 👀👀



xoves, 18 de febreiro de 2021

24 de febreiro_ DÍA DE ROSALÍA!!!

Achégase o día! 

Cada ano, o 24 de febreiro conmemorase o Día de Rosalía de Castro, e... sabedes por que? Pois porque un 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela a gran poetisa e novelista da nosa terra galega, Rosalía de Castro

Aquí vos deixamos algúns materiais e recursos para coñecer un pouco máis a esta gran autora que dá nome ao noso querido cole! 😊 

ACTIVIDADES POR CURSOS:

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL.
ACTIVIDADES PARA 1º E 2º EP.
ACTIVIDADES PARA 3º E 4º E.P.
ACTIVIDADES PARA 5º E 6º E.P.

 Poema de Rosalía de Castro (Follas Novas) 

versionado por Lia Pamina e os Peregrinos

 


Biografía de Rosalía de Castro



Tamén podes desfrutar deste Genially con actividades interactivas sobre Rosalía de Castro


mércores, 17 de febreiro de 2021

O noso Entroido !

Olaaa olaaa!🙋🙋

Este entroido foi "diferente", non tivemos degustación, tampouco tivemos desfile dos nenos de 1º e 2º, pero... o COVID non impediu que os nenos, nenas e mestres do Rosalía desfrutasen do Entroido! Un día con calcetíns distintos, outro con peiteados estrafalarios, non podiamos deixar de vir ao cole en pixama, roupa do revés e como non... o disfrace libre!  👺👸👹💃

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da semana do Entroido no noso cole!!!!👀


 





martes, 2 de febreiro de 2021

Xa chegou o ENTROIDO!

Olaaaa rapaces/as!! 💃💅👿👺👻👹👮

    Xa chegou o ENTROIDO e o Meco xa se deixou ver durante a semana no noso cole, veu para traernos os mandadiños!! Este ano  para engalanarnos durante a vindeira semana, propúxonos o seguinte:

Aquí vos deixamos algunhas actividades para coñecer un pouquiño máis sobre o Entroido na nosa vila! Mans á obra!😀

 ACTIVIDADES

 

Despois de facer as actividades, anímate a xogar con este Brincaletras do Entroido Meco!

"CANTO SABES SOBRE O ENTROIDO DA TÚA VILA???"

Para acceder, PREME na imaxe do cartel do entroido do ano pasado, entra na aula virtual do cole como CONVIDADO, acepta as condicións para entrar nese curso e...  A XOGAR!!!

 

Día da paz


Este ano, os alumnos do noso cole fixemos uns mosaicos chulísimos para o día da paz! Ademais, os nenos e nenas de 4º xogaron coa linguaxe e crearon uns caligramas moiii pacíficos, ollade!

 



luns, 1 de febreiro de 2021

FESTIVAL DE NADAL!

Simpatía, ilusión e moita emoción son algunhas das cousas que nos amosa o noso alumnado en cada unha das súas actuacións neste ano tan difícil. 💖

Desexamos que as desfrutedes!!!!

1º parte:


 

2º parte