sábado, 26 de febreiro de 2022

Coñecemos o entroido de Xinzo!!

Este entroido foi un tanto especial! Dende o cole, propuxémonos que cada ano coñeceríamos a fondo como é o entroido nos distintos lugares de Galicia, e este ano, eliximos Xinzo de Limia

Para iso, empregamos distintos recursos da rede e tamén contamos coa colaboración do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo, que nos enviou unhas redaccións chulísimas contándonos como festexan o entroido na súa vila! Moitas GraCiAS Xinzo, encantounos o voso Entroido, coas vosas tradicións e sobre todo a vosa protagonista, “A Pantalla”! 😍


Nós quixemos ensinarlles como vivimos o entroido e cales son os nosos costumes, e para iso elaboramos uns vídeos explicando como é o programa do noso entroido, as comparsas e a lenda do Meco. Se queres velos, non perdades detalle da entrada anterior!

xoves, 24 de febreiro de 2022

COMO É O ENTROIDO NO GROVE?

Imos compartir con todos/as vós como é o entroido na nosa vila. Nos últimos anos non puido festexarse como sempre por causa da pandemia, pero imos explicar como o celebrabamos cada ano, esperemos que pronto poidamos recuperar todas estas actividades! Escoitade con atención!



 Como ben dixeron os compañeiros, o "prato forte" do noso entroido son as "comparsas". Ollade a noticia que nos achegan os compañeiros/as de 6º!

 
Sabiades que? Cóntase que a orixe do Meco está na nosa localidade, o Grove. Aos grovenses tamén se nos coñece como "Mecos" pero... sabedes por que? 

Aquí viviu un home que tiña mala fama. Dise que pola súa actitude foron os propios habitantes da vila que chegado o día de entroido, fartos dos seus abusos, collérono e aforcárono, pendurándoo dunha figueira.
 
Non perdades detalle da historia desta figura tan popular dos entroidos de moitos lugares de Galicia!

 *Parte do texto da lenda é do libro "Os mequiños e a lenda do Meco" de Juan Sendino e Pepe Carreiro, publicado por Todogrove edición.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE COMO FESTEXAMOS O ENTROIDO NA NOSA VILA!

Día de Rosalía No Rosalía

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro fixemos moitas actividades nos distintos cursos: producións plásticas, visita virtual á casa de Rosalía, actividades interactivas, coñecemos as súas obras cos nosos robots e ata recitamos poesías das dúas obras máis coñecidas de Rosalía, “Cantares galegos” e “Follas novas”.

Cada ano desfrutamos máis e máis coñecendo a Rosalía!!!! 





xoves, 3 de febreiro de 2022

O entroido en Galicia: Xinzo de Limia

 O curso pasado demos comezo a unha actividade que consistía en coñecer como se festexa o Entroido nos distintos lugares de Galicia. Como non, comezamos pola nosa localidade, O Grove, e este ano tócanos coñecer como festexan o Entroido en ... XINZO DE LIMIA!!

E...onde queda Xinzo de Limia? Pois é un municipio da Comarca da Limia, na provincia de Ourense. 👀 

Imos indagar sobre as tradicións do Entroido nese municipio, que segundo dín...é o máis longo de todo España!  Ollade o calendario do Entroido pasado... 

 Si que son festeiros nesta vila! 😄

Para afondar nas súas tradicións, achegámosvos os seguintes vídeos onde nos explican algunhas cousiñas moi interesantes sobre como viven o Entroido.


No seguinte vídeo explícanlles ás nenas e nenos dun colexio como é a súa personaxe principal, a "Pantalla"


Neste enlace podedes atopar unha noticia da televisión de Galicia que nos fala sobre a elaboración da carauta típica.

ELABORACIÓN ARTESANAL DAS PANTALLAS DE XINZO 

Agora que xa coñecedes as Pantallas de Xinzo, aquí vos deixamos unhas actividades para ver canto sabedes do entroido desta vila!  

*ACTIVIDADES PARA ED.INFANTIL E 1º CICLO

   

*ACTIVIDADES PARA O 2º E 3º CICLO

CREBACABEZAS ONLINE