luns, 18 de maio de 2020

O Refraneiro da primavera!

Tempo de flores, plantíos, árbores froiteiras, días solleiros...así é a primavera! Aínda que este ano sexa confinados, pronto poderemos desfrutar dela! Dende o EDLG propuxemos ao noso alumnado continuar co refraneiro recompilando refráns populares relacionados con esta estación do ano. Aquí vos deixamos algúns deles!



Entre os máis populares:  😉

-En abril, augas mil!
-A primavera que cante, que chore, nunca vén sen flores.
-Ata o corenta de maio, non quites o saio.

xoves, 7 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas!

O vindeiro 17 de maio é o día das nosas letras, das nosas verbas, é o Día das Letras Galegas!!!
Cada ano un autor galego é homenaxeado nese día, e este ano o homenaxeado é...
Ricardo Carvalho Calero.
Para saber un pouquiño máis sobre este autor, e afondar sobre o seu estudo sobre a literatura galega, o seu compromiso coa nosa lingua, as súas obras de poesía, teatro...deixámosvos algúns recursos!


BIOGRAFÍA "RICARDO CARVALHO CALERO"


luns, 4 de maio de 2020

O MAIO

Maio

Sabedes o que é un maio?? Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os principais ingredientes dos "Maios", as construcións vexetais que a primeiros do mes de maio enchen as rúas de case toda Galicia!

Sabiades que no Grove o día 1 de maio de cada ano celébrase un tradicional concurso de maios???! Seguro que algún de vós foi algunha vez, este ano non foi posible pero...apuntádeo na vosa axenda do próximo ano! 😉 

Cada primeiro de maio  a vexetación sae á rúa en forma de "maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora.

Os "maios" foron pensados  para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais ou sobrenaturais. Era unha festa na que os nosos antepasados celebraban a fin do inverno e a chegada da primavera.







POEMA "AÍ VEN O MAIO"

Manuel Curros Enríquez