sábado, 13 de xuño de 2015

Revista dixital FOLLAS NOSAS

Ola a todos e todas xa chegou o momento que todos esperabades, a revista dixital do Rosalía xa está aquí. Grazas a todos pola vosa colaboración. O traballo quedou xenial. Podedes visitala na seguinte ligazón. Pinchade na imaxe.


xoves, 21 de maio de 2015

GAÑADORES DA PORTADA DA REVISTA

Despois dun duro traballo para a elección dos gañadores do concurso da portada e contraportada da nosa revista, cada ano poñédelo mais difícil, os gañadores son:




  GEMMA LLAMAS 5ºA 



                                                           YARA LAGE SOTO 6ºB

NORABOA as dúas. Veredes o voso traballo publicado en breve.

mércores, 13 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

                         

Este ano o día das letras galegas adícase a Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político e etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 aos 89 anos de idade.

Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar... e tamén aqueles adicados aos nenos como Agromar, Os nenos ou Quintana Viva.

Para saber mais sobre este autor galego podedes consultar as seguintes páxinas:


















venres, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Dende a equipa de Normalización gustaríanos dárvolas grazas tanto aos titores como ao alumnado pola vosa participación nas actividades propostas para celebrar este día. 
O resultado do voso libro viaxeiro foi moi satisfactorio.



Xa sabedes que está exposto na biblioteca para todos aqueles que o queirades ler. 

Aparte dun libro viaxeiro celebramos os apadriñamentos lectores no que os alumnos maiores contáronlles contos aos mais pequenos. a algúns non os perderemos de vista xa que teñen madeira de actores e actrices.

martes, 10 de marzo de 2015

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUI!




                        O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!


Ola de novo! Xa sabedes que  na vindeira semana celebraremos o entroido no Rosalía e os mandadiños do Meco para este ano son:


Ide pensando e demostrade a vosa orixinalidade.

Ademais queremosvos deixar diferentes links nos que poderedes buscar información e xogar con actividades relacionadas con esta festa tan popular.


http://vello.vieiros.com/especial/entroido99.html


http://www.webdenorberto.com/recursos/entroido/caretas_e.htm


http://disfracesdereciclaje.blogspot.com.es/


https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos


http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/02/o-entroido-galego.html

Esperamos que disfrutedes desta festa, vémonos cedo.












mércores, 28 de xaneiro de 2015

Día escolar da non violencia e da paz

Ola a todos e todas, cómo vai iso? xa sabedes que o día 30 de xaneiro, este venres celebraremos no centro o día escolar da non violencia e da paz. Para iso cantaremos e bailaremos todos xuntos "O xogo da carrasquiña". Dende a equipa de Normalización deixámosvos tamén estes enlaces o primeiro é para ed. infantil e o segundo para ed. primaria.

http://www.enredate.org/gal/actividades/actividade_para_el_dia_de_la_paz_o_puzzle_da_paz_ed_infantil