xoves, 27 de maio de 2021

Apadriñamento lector e SeMaNa DaS LeTraS GaLeGas!

 Este ano puidemos retomar a actividade do apadriñamento lector, pero para facelo máis especial, os compañeiros/as de 5º e 6º prepararon, e algúns ata inventaron unhas obras de teatro con moooooito, mooooooito esmero e cariño! Puidemos desfrutar de historias fantásticas, contos clásicos do revés e unha representación sobre alimentación saudable con canción incluída!  Desfrutámolas moito! 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra. 👀👀



mércores, 12 de maio de 2021

*Semana das letras galegas*

 O vindeiro 17 de maio é o día das nosas letras, das nosas verbas, é o Día das Letras Galegas!!!

Cada ano un autor ou autora galego/a é homenaxeado/a nese día, e este ano a homenaxeada é...
Xela Arias Castaño
 Quen foi Xela Arias? Biografía da autora 👀👀

Para saber un pouquiño máis sobre a autora e afondar sobre a súa vida, o seu estudo sobre a literatura galega, o seu compromiso coa nosa lingua, as súas obras...deixámosvos os seguintes LIM elaborados polo EDLG do noso cole, desfrutádeos!

Educación Infantil

 1º,2º e 3º Educación Primaria

4º, 5º e 6º Educación Pimaria