xoves, 18 de febreiro de 2021

24 de febreiro_ DÍA DE ROSALÍA!!!

Achégase o día! 

Cada ano, o 24 de febreiro conmemorase o Día de Rosalía de Castro, e... sabedes por que? Pois porque un 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela a gran poetisa e novelista da nosa terra galega, Rosalía de Castro

Aquí vos deixamos algúns materiais e recursos para coñecer un pouco máis a esta gran autora que dá nome ao noso querido cole! 😊 

ACTIVIDADES POR CURSOS:

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL.
ACTIVIDADES PARA 1º E 2º EP.
ACTIVIDADES PARA 3º E 4º E.P.
ACTIVIDADES PARA 5º E 6º E.P.

 Poema de Rosalía de Castro (Follas Novas) 

versionado por Lia Pamina e os Peregrinos

 


Biografía de Rosalía de Castro



Tamén podes desfrutar deste Genially con actividades interactivas sobre Rosalía de Castro


mércores, 17 de febreiro de 2021

O noso Entroido !

Olaaa olaaa!🙋🙋

Este entroido foi "diferente", non tivemos degustación, tampouco tivemos desfile dos nenos de 1º e 2º, pero... o COVID non impediu que os nenos, nenas e mestres do Rosalía desfrutasen do Entroido! Un día con calcetíns distintos, outro con peiteados estrafalarios, non podiamos deixar de vir ao cole en pixama, roupa do revés e como non... o disfrace libre!  👺👸👹💃

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da semana do Entroido no noso cole!!!!👀


 





martes, 2 de febreiro de 2021

Xa chegou o ENTROIDO!

Olaaaa rapaces/as!! 💃💅👿👺👻👹👮

    Xa chegou o ENTROIDO e o Meco xa se deixou ver durante a semana no noso cole, veu para traernos os mandadiños!! Este ano  para engalanarnos durante a vindeira semana, propúxonos o seguinte:

Aquí vos deixamos algunhas actividades para coñecer un pouquiño máis sobre o Entroido na nosa vila! Mans á obra!😀

 ACTIVIDADES

 

Despois de facer as actividades, anímate a xogar con este Brincaletras do Entroido Meco!

"CANTO SABES SOBRE O ENTROIDO DA TÚA VILA???"

Para acceder, PREME na imaxe do cartel do entroido do ano pasado, entra na aula virtual do cole como CONVIDADO, acepta as condicións para entrar nese curso e...  A XOGAR!!!

 

Día da paz


Este ano, os alumnos do noso cole fixemos uns mosaicos chulísimos para o día da paz! Ademais, os nenos e nenas de 4º xogaron coa linguaxe e crearon uns caligramas moiii pacíficos, ollade!

 



luns, 1 de febreiro de 2021

FESTIVAL DE NADAL!

Simpatía, ilusión e moita emoción son algunhas das cousas que nos amosa o noso alumnado en cada unha das súas actuacións neste ano tan difícil. 💖

Desexamos que as desfrutedes!!!!

1º parte:


 

2º parte