mércores, 8 de xuño de 2022

Revista "Follas Nosas"

 Xa temos a edición dixital da revista escolar deste ano! Como non podía ser doutra maneira, cunhas seccións chulísimas feitas polos alumnos do Rosalía. 

Moitas grazas polas vosas achegas!  😊

PD: En breve disporemos dun exemplar na biblio do noso cole! 

Desfrutádea!!

martes, 7 de xuño de 2022

"CORO DAS EMOCIÓNS"

 Durante este curso estivemos a traballar as "EmOCiÓnS" e a importancia de saber identificalas. O profe de música levou a cabo unha actividade moi chula na que aprendemos como a través da música se poden expresar as emocións. 

O alumnado de educación primaria interpretou unha morea de cancións en distintas linguas, con diferentes ritmos, etc. 

Desfrutade o concerto!