venres, 5 de novembro de 2021

O MAGOSTO

Despois do Samaín, agardamos inquedos a chegada do seguinte festexo do outono, O MaGoSTo!!! Que pracenteiro é ir camiñando pola rúa un día solleiro e frío de outono e ulir o recendo das castañas asadas, verdade? 😋😋

O vindeiro venres 12 poderemos desfrutar da tradicional festa do magosto no noso cole, onde non faltarán os xogos populares e as castañas asadas! Mentres tanto, aquí vos deixamos algunhas actividades moi chulas relacionadas con este festexo de outono, elaboradas por compañeiros/as doutros colexios de Galicia! 

 


xoves, 4 de novembro de 2021

Noticiario "24 horas no Rosalía"

Este ano, os nenos e nenas de 6º farán...o noticiario "24 horas no Rosalía"!!!!!
Do programa do mes de outubro encargáronse os/as alumnos/as de 6º A. 
Non perdades detalle das novas que nos achegan!!!! 

Grazas compañeiros de 6º por toda a información!