domingo, 16 de outubro de 2016


Un ano mais a revista do Rosalía necesita da vosa axuda e por iso a partires de hoxe e ata o 8 de maio sacádelle punta aos vosos lapis, poñede a funcionar a vosa imaxinación e a debuxaaaaar. non esquezades que este ano o tema da portada esta relacionada co PDI "Descubrimentos, inventos e experimentos" sorte a todos.




DECORA A TÚA CABAZA

Ola a todos e a todas o xoves 30 de outubro celebraremos no cole o Samaín e ademáis imos premiar aos que traian as mellores cabazas, así que animádevos a traer a vosa. Acordádevos de traela cun lema relacionado con esta festa, e non as traiades antes do 27 de outubro. Un saúdo a todos e todas.

Nenos e nenas   ir preparando os vosos lapis de cores ,  porque dentro de moi pouquiño,  comezará o concurso para  a portada da revista do cole .

AQUI TEDES ALGÚNS DOS DEBUXOS SELECCIONADOS, SON PRECIOSOS.

OS MEUS PARABÉNS PARA TODOS E TODAS.


mércores, 18 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016



Ola a todos e todas! Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado como xa sabedes a MANUEL MARÍA e dende o noso cole queremos homenaxealo recitando e cantando algúns dos poemas incluídos na súa obra OS SOÑOS NA GAIOLA. Esperamos que vos guste e grazas a todos pola vosa colaboración.







luns, 1 de febreiro de 2016

Día da Paz e da Non Violencia

Para celebrar este día todolos alumnos e alumnas asi coma mestres xuntámonos no ximnasio para cantar a canción de O Sonoro Maxín "Quérote Máis". Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo en youtube para que desfrutedes dela. Un saúdo Mequinhos.