venres, 15 de marzo de 2024

SAMAÍN 2023

Como agasallo de final de trimestre, un video recordo do día máis terrorífico vivido no cole. Esperamos que vos asuste!!!







mércores, 13 de marzo de 2024

CELEBRANDO O DÍA DA MULLER!

O 8 de Marzo, adicámosllo a elas! 

Este ano, con motivo da conmemoración do 8M, e querendo relacionar o día coas mulleres na ciencia, preparamos unhas charliñas feitas por algunhas mulleres das familias dos nosos nenos e nenas para que nos explicaran en qué consistían os seus traballos. 

Tivemos a sorte de contar cunha bióloga ambiental, cunha enfermeira, unha enxeñeira química e cunha profesora de secundaria da rama das ciencias. Todas elas, exemplos de que estes non son traballos que únicamente exercen os homes, tal e como se pensa se facemos caso aos estereotipos de xénero. Foron unhas charlas moi motivadoras e todas e todos quedaron encantados.

Dexámosvos por aquí un vídeo da importancia de romper con estes estereotipos nos centros educativos e na vida cotiá dos nosos rapaces e rapazas, para que poidan voar alto e querer exercer o traballo que eles e elas queiran no futuro, sen medo a ser xulgados. 

Deixámosvos tamén unhas fotiños destas charlas que levamos a cabo durante toda esta semana.