venres, 27 de xaneiro de 2023

Viva o ENTROIDO !!!!!

 Tic Tac, Tic Tac... Xa ole a Entroido!! 

Unha das nosas datas preferidas para vestir estrafalarios e divertirnos!!😀

Ademais de divertirnos, no colexio tamén imos aprender moito sobre o entroido. O curso pasado desfrutamos moito indagando sobre como festexaban o entroido en Xinzo de Limia, e aprendemos moito sobre as "Pantallas".

Este curso imos viaxar a outros concellos galegos para indagar sobre...

OS XENERAIS DA ULLA !!!

Onde os podemos atopar?? Nalgúns concellos da provincia de Pontevedra e da Coruña.

    A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que hai testemuños dende mediados do século XIX.

    As personaxes máis importates son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.

     Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

COÑEZÁMOLOS UN POUCO MÁIS!

  

 Correos anunciando o "alto dos xenerais"


 

 

      Función de títeres 

“ As Xeneralas da Ulla”, de Títeres Cachirulo.

 

*CREBACABEZAS INTERACTIVO DUN XENERAL

ACTIVIDADES DA PÁXINA WEB DOS XENERAIS DA ULLA

*UNIDADE DIDÁCTICA COMPLETA SOBRE OS XENERAIS DA ULLA.

*ACTIVIDADES ED.INFANTIL

*ACTIVIDADES 1º CICLO ED. PRIMARIA

*ACTIVIDADES 2º CICLO ED. PRIMARIA

*ACTIVIDADES 3º CICLO ED. PRIMARIA