sábado, 6 de xuño de 2026

FESTIVAL DE CULTURAS

Este venres 5 de xuño foi un día moi especial! Por fin representamos os bailes que con tanto esforzo e agarimo preparamos durante o último mes para o FESTIVAL DAS CULTURAS!

Temos a gran sorte de que no noso cole hai alumnado que provén de diferentes países e culturas, polo que aproveitamos para que os compañeiros/as de cada un dos cursos coñecesen e representasen algún baile típico. Viaxamos ata Marrocos, Senegal, Nixeria, Argentina, Brasil, Colombia, Venezuela, ...

Agardamos que desfrutedes tanto coma nós!!! 💃💃





venres, 22 de maio de 2026

Xornada deportiva en Terra de Porto

 Nestas últimas semanas de curso non podía faltar unha xornada que xa podemos considerar como unha tradición no noso colexio e esa é a Xornada de Terra de Porto.

Ao longo da mañá, realizamos diferentes carreiras, disfrutamos con xogos cooperativos como o paracaídas ou clásicos como a carreira de sacos e, por suposto, pechamos a xornada cos partidos de datchball e de fútbol do alumnado de 6º de Primaria contra os mestres.

Sen dúbida, unha boa xornada de convivencia que nos deixa lembranzas moi bonitas.





































xoves, 14 de maio de 2026

Atletismo en pista 4º de Primaria

 Aos postos, listos... XA!

No Rosalía, non temos problema en cambiar a canastra por o lanzamento de peso ou o salto de lonxitude.

Gústanos probar todo tipo de deportes e por iso gozamos tanto con esta xornada de atletismo en pista de Xogade, nas pistas de atletismo de Cambados.

Houbo carreiras, lanzamentos e saltos pero, sobre todo, unha mañá moi divertida que compartimos con outros colexios da zona e na que vivimos primeiras experiencias, como por exemplo saltar a un foso de area dunha pista de atletismo.

Con esta actividade imos pechando a nosa participación en Xogade neste curso. Pero non nos detemos. En breves teremos novas carreiras na nosa xa tradicional xornada de Terra de Porto.

Seguimos en movemento!





















martes, 12 de maio de 2026

Xornada de baloncesto co CB O Meco

Calzámonos as zapatillas e afinamos a puntería para encestar moitas canastras nesta Xornada de Intercentros organizada polo CB O Meco.

Dende 2º a 6º de Primaria participamos nesta divertida mañá de deporte xunto cos nosos veciños e veciñas do colexio de Conmeniño. 

Como podedes ver nas fotos, houbo tempo para o deporte, pero tamén para animar dende as gradas, planificar as tácticas dos seguintes partidos, ler o divertido cómic que nos regalaron do CB O Meco e incluso para facer de DJs.

En definitiva, unha gran xornada! Coidado, que vai lanzamento de 3!!!