sábado, 25 de febreiro de 2023

23 de Febreiro, "Día de Rosalía de Castro"!

 Este mes de febreiro é un mes curtiño pero moi completo! Despois de festexar o entroido por todo o alto, volvemos das vacacións un día moi especial, o Día da nosa Rosalía

Este ano, durante o mes de febreiro, cada aula elixiu un poema de Rosalía para traballalo na clase e...ILUSTRALO!! Quedaron uns debuxos moi bonitos e moi representativos das obras de Rosalía! 

O día de Rosalía, xuntámonos todos no patio para compartir os nosos poemas, colgámolos nas reixas do noso cole e tamén contamos coa colaboración dunha das nosas nais, que recitou algúns poemas de Rosalía moi ben, deixounos abraiados! Moitas grazas!! 💖

Non perdades detalle deste acto tan fermoso!







xoves, 23 de febreiro de 2023

OS XENERAIS DA ULLA NO ROSALÍA!

Como sabedes, ademais de disfrazarnos e pasalo moi ben, estivemos indagando sobre o entroido doutros lugares de Galicia, o dos "Xenerais da Ulla"

Ademais de actividades de indagación, fixemos actividades plásticas e, ademais, o alumnado de 6º representou un "Encontro" de xenerais, non o perdades!


" VIVAS, SENTINELAS, CORREOS E ATRANQUE DOS XENERAIS! "



luns, 20 de febreiro de 2023

RoSaLía De CaSTRo

 O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos algunha actividade interactiva para coñecer un pouquiño máis a unha das nosas autoras preferidas!