martes, 5 de novembro de 2024

NOITE MEIGA NO ROSALÍA

 

Estamos de volta!

E como non podía ser menos, comezamos con unha das tempadas que máis nos gusta no cole: SAMAÍN.

Decidimos inspirarnos no P.D.I. do centro neste curso: "Aturuxos no Rosalía", e decidimos crear a...

"Noite Meiga no Rosalía"

Para isto, o alumnado de de Educación Primaria investigou sobre o conxuro da queimada galega e transcribiu un verso de dito conxuro.

Asemade, as aulas de Educación Infantil prepararon unha decoración terrorífica.

Xuntando este gran traballo que fixo alumnado formamos... 

UN MURAL DE MEDO!!!!!!!!






Por outra banda, o Equipo de actividades complementarias e extraescolares propuxo decorar as portas das aulas con motivo da Noite Meiga, aquí vos deixamos as fotiños.

                                    COMO TRABALLARON EST@S MEQUINH@S!!



Asemade, celebramos o día do Samaín vindo disfrazados, para despois desfrutar dunha chocalatada e unha festa con moito ritmo.




Por último, e non menos importante, agradecer a gran colaboración das familias traendo diferentes creacións inspiradas Noite Meiga. Quedou un corredor terrorífico!!!!
GRAZAS!





Ata a próxima!!



mércores, 12 de xuño de 2024

FOLLAS NOSAS

 XA CHEGOU!

Aquí está a nosa revista escolar, a cal realizou todo o alumnado do centro.

Moitas gracias a todos e todas por participar!

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!




luns, 27 de maio de 2024

ARTISTAS NO ROSALÍA

 DÍA DAS ARTES GALEGAS

  Francisco Asorey


    No cole do Rosalía conmemoramos o día das Artes Galegas (1 de abril) adicado este ano a Francisco Asorey González.

    Nado en Cambados, Asorey foi un escultor expresionista excepcional, a súa habilidade para transformar bloques de pedra e madeira en obras de arte é asombrosa. Podedes consultar a súa biografía se facedes click no retrato do escultor.

    Seguindo as súas pegadas, os cativos e cativas do nose cole puxéronse mans á obra e convertéronse en auténticos escultores mediante a modelaxe e decoración de arxila. Aquí podedes ver cómo foi todo o proceso deste obradoiro tan divertido e creativo que fixemos:

 











                       Como vedes, saíron verdadeiras obras de arte: numerosos bechos e criaturas mariñas viven agora no cole do Rosalía.


Todos os artistas engalanaron o corredor do cole coas súas obras de inspiración mariña.







O ano que ven estes artistas do Rosalía volverán encher o cole coas súas obras cheas de creatividade!





 

xoves, 9 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 O vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas! Este ano a autora homenaxeada é...

LUÍSA VILLALTA


Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre a súa vida e obra, premede no seguinte vídeo e nas fotos.



   
 Serie documental da R.A.G.
    

                                                                   Historia ilustrada


Textos



A continuación mostrámosvos unha serie de recursos, para infantil e primaria, compartidos polo Seminario Galán que podedes consultar premendo nas fotos ou nos enlaces.


    RECURSOS INTERACTIVOS


ACTIVIDADES IMPRIMIBLES


martes, 2 de abril de 2024

NADAL 2023

Cunha pouca de espera, pero con moita ilusión e nostalxia, compartimos con todas e todos a celebración do noso pasado Nadal: Badaladas de Fin de Ano e Festival 2023

Para poder visualizar o segundo vídeo, pulsade no enlace. Esperamos que vos guste!!




FESTIVAL NADAL 2023

venres, 15 de marzo de 2024

SAMAÍN 2023

Como agasallo de final de trimestre, un video recordo do día máis terrorífico vivido no cole. Esperamos que vos asuste!!!







mércores, 13 de marzo de 2024

CELEBRANDO O DÍA DA MULLER!

O 8 de Marzo, adicámosllo a elas! 

Este ano, con motivo da conmemoración do 8M, e querendo relacionar o día coas mulleres na ciencia, preparamos unhas charliñas feitas por algunhas mulleres das familias dos nosos nenos e nenas para que nos explicaran en qué consistían os seus traballos. 

Tivemos a sorte de contar cunha bióloga ambiental, cunha enfermeira, unha enxeñeira química e cunha profesora de secundaria da rama das ciencias. Todas elas, exemplos de que estes non son traballos que únicamente exercen os homes, tal e como se pensa se facemos caso aos estereotipos de xénero. Foron unhas charlas moi motivadoras e todas e todos quedaron encantados.

Dexámosvos por aquí un vídeo da importancia de romper con estes estereotipos nos centros educativos e na vida cotiá dos nosos rapaces e rapazas, para que poidan voar alto e querer exercer o traballo que eles e elas queiran no futuro, sen medo a ser xulgados. 

Deixámosvos tamén unhas fotiños destas charlas que levamos a cabo durante toda esta semana. 










venres, 23 de febreiro de 2024

O RAP DE ROSALÍA

POR FIN ESTÁ AQUÍ!

Xa sabemos que o estábades esperando con moitas ganas e por fin podemos mostrarvos o resultado.

Como ben sabedes, fai uns meses, acudiron ao centro dous rapeiros e compositores a explicarlles aos nenos e nenas de 6º como escribir a letra dun rap e, máis importante se cabe, ensinaronlles como rapear. E xa volo dicimos... non foi tarea fácil! 

Aínda así, os nosos alumnos e alumnas souberon interpretar a vida e obra de Rosalía de Castro e trasnformala nunha canción. 

Esperamos que vos guste tanto como a nós!



martes, 20 de febreiro de 2024

CELEBRANDO A ROSALÍA!

 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro naceu na cidade de Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Era filla dunha nobre e dun sacerdote. Aos cinco anos de idade trasládase xunto á súa nai á localidade de Padrón (A Coruña).
Trasladouse a Madrid en 1855 e alí publicou a súa primeira obra, o poemario en castelán titulado La flor. Este libro recibiu moi boas críticas de Manuel de Murguía, co que casaría máis tarde.
Tras a morte da súa nai, Rosalía e Manuel trasládanse de novo a súa Galicia natal. É nesta época cando escribe as súas obras máis importantes: A mi madre e Cantares gallegos. A familia trasládase a Valladolid, xa que o seu marido e nomeado director do arquivo da mesma localidade. Alí escribe parte do famoso poemario Follas novas.
A comezos de 1880, publica un número considerable de poemas en castelán que serán recolidos no libro En las orillas del Sar. En 1883 trasladouse a Padrón, onde faleceu dous anos despois, aos 48 anos de idade, por mor dun cancro de útero.
Rosalía de Castro foi unha escritora galega que potenciou e valorizou a literatura galega e está considerada como unha autora fundametal do século XIX.

Recursos para traballar o día de Rosalía nas aulas.

Fai click aquí para acceder ás propostas de varios centros educativos da nosa contorna e aquí para escoitar a canción "Tecín soia a miña tea" presentada no Portal da Lingua Galega da Xunta. A continuación, fai click nos seguintes títulos para poder acceder a máis materiais.

Fai click na imaxe para ver un vídeo da receita feita polo chef galego Óscar Vidal.



Esperamos que todos estes materiais vos serviran e fosen útiles. Nos, coma sempre, celebramos esta data tan importante para todos os galegos e galegas.

Feliz día!


luns, 19 de febreiro de 2024

O ENTROIDO NO ROSALÍA

 Por aquí vos deixamos un pouquiño do desfile de Entroido que fixemos no cole. 

Agardamos que vos guste!





martes, 30 de xaneiro de 2024

OS MANDADIÑOS DO MECO

Achégase o entroido e no cole estámonos a preparar!

Por iso vos deixamos por aquí Os Mandadiños do Meco da semana que ven. Cada día da semana teremos que vir vestidos segundo as instrucións do noso Meco. 

Lede ben e botádelle imaxinación! De seguro que será unha semana moi especial e chea de sorrisos e cor!


mércores, 17 de xaneiro de 2024

É TEMPO DE ENTROIDO

Por estas datas só pasa unha cousa polas nosas mentes... 

ACHÉGASE O ENTROIDO!!!!!!!!!

No noso cole xa se convertiu en tradición investigar cada sobre un Entroido de Galicia. Como lembraredes, o ano pasado tocoulle aos XENERAIS DA ULLA

E este ano este ano o Entroido escollido é...  


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos axudarvos a investigar un pouco sobre este Entroido, polo que... alá imos.


¿CALES SON OS SEUS PERSONAXES?












E para completar, aquí vos deixamos algúns enlaces que poden ser do voso interese:




Agora si, xa estades list@s para investigar sobre este Entroido e axudar a completar o noso mural entroideiro.

DEICA O PRÓXIMO POST!