mércores, 21 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito diferente. Xa que dito día este ano conmemora ás cantareiras, dende o centro decidimos facer unha xornada de música e baile tradicional galego, contando coa colaboración da Asociación Cultural Cantodorxo de O Grove.

En primeiro lugar realizamos un desfile dos diferentes tipos de traxes tradicionais galegos.

A continuación, contamos coa actuación do alumnado pandereteiro do centro; para dar paso tamén a un baile que realizaron alumnado do centro que acode a Cantodorxo.

Asemade, houbo mestres/as do centro que se apuntaron a dar uns pasos e a iniciarse no baile tradicional galego.

E por último, rematamos ao grande con unha gran foliada na que o pasamos de marabilla.

Moitas grazas á Asociación Cultural Cantodorxo pola súa colaboración e aos colaboradores/as externos que participastes neste día.





martes, 20 de maio de 2025

XORNADA DEPORTIVA POLA LINGUA

 Coma nos últimos anos, todo o centro nos desplazamos a Terra de Porto para realizar a Xornada deportivas pola lingua.

Cada curso realizou a súa carreira adaptada ás idades, para despois, levar a cabo diferentes actividades deportivas coma carreira de sacos, paracaídas, baloncesto, futbol, relevos... e tamén se celebrou o xa tradicional partido de mestres/as contra alumnos/as de 6º E.P.

Esperamos que vos guste!




martes, 13 de maio de 2025

As Cantareiras, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025

 Este ano 2025, o Día das Letras Galegas está adicado ás cantareiras, mulleres que transmitiron durante xeracións a poesía e a música popular galega a través da voz, da memoria e do corazón. Sen apenas recoñecemento público, estas mulleres foron as mestras da nosa tradición oral, cantando en festas, traballos do campo ou reunións familiares.


A Real Academia Galega homenaxea a sete delas: Adolfina e Rosa Casás Rama (de Cerceda), Eva Castiñeira Santos (de Muxía) e as irmás Manuela Lema, Prudencia Garrido e Asunción Garrido (de Malpica). Todas forman parte das coñecidas Pandeireteiras de Mens.


Grazas a elas e a outras moitas mulleres anónimas, hoxe podemos coñecer e gozar dun patrimonio cultural valiosísimo, cheo de coplas, cantigas e emoción. Coñecer ás cantareiras é tamén recoñecer o valor da nosa lingua e das nosas raíces.



Para homenaxear a todas estas mulleres Xabier Díaz  conta con 54 vídeos que documentan o patrimonio inmaterial das cantareiras galegas, recollidos entre 1989 e 2011, que serán difundidos semanalmente nas súas redes sociais ao longo do ano, os cales vos animamos a ver:

Rosa e Aida Garrido (Moscoso) 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐜𝐡𝐚𝐫 𝐨 𝐦𝐢𝐥𝐥𝐨. Moscoso, Pazos de Borbén 11.01.1998


Por aquí vos deixamos outros videos e recursos que de seguro vos resultarán interesantes:


Vídeo das Letras Galegas 2025 · As cantareiras e a poesía popular oral - 5º Colexio San Pío X 


Se canto é porque quero | Capítulo 2. As pandeireteiras de Mens. Da aldea á cidade


http://seminariogalan.org/inicio/2025/documentos


https://oblogdamestracris.blogspot.com/2025/05/librino-das-letras-galegas-2025.html