Ola a todos e todas xa chegou o momento que todos esperabades, a revista dixital do Rosalía xa está aquí. Grazas a todos pola vosa colaboración. O traballo quedou xenial. Podedes visitala na seguinte ligazón. Pinchade na imaxe.
Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Rosalía de Castro (O Grove)
sábado, 13 de xuño de 2015
xoves, 21 de maio de 2015
GAÑADORES DA PORTADA DA REVISTA
Despois dun duro traballo para a elección dos gañadores do concurso da portada e contraportada da nosa revista, cada ano poñédelo mais difícil, os gañadores son:
YARA LAGE SOTO 6ºB
NORABOA as dúas. Veredes o voso traballo publicado en breve.
GEMMA LLAMAS 5ºA
YARA LAGE SOTO 6ºB
NORABOA as dúas. Veredes o voso traballo publicado en breve.
mércores, 13 de maio de 2015
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das letras galegas adícase a Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político e etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 aos 89 anos de idade.
Para saber mais sobre este autor galego podedes consultar as seguintes páxinas:
venres, 24 de abril de 2015
DÍA DO LIBRO
Dende a equipa de Normalización gustaríanos dárvolas grazas tanto aos titores como ao alumnado pola vosa participación nas actividades propostas para celebrar este día.
O resultado do voso libro viaxeiro foi moi satisfactorio.
Xa sabedes que está exposto na biblioteca para todos aqueles que o queirades ler.
Aparte dun libro viaxeiro celebramos os apadriñamentos lectores no que os alumnos maiores contáronlles contos aos mais pequenos. a algúns non os perderemos de vista xa que teñen madeira de actores e actrices.
O resultado do voso libro viaxeiro foi moi satisfactorio.
Xa sabedes que está exposto na biblioteca para todos aqueles que o queirades ler.
Aparte dun libro viaxeiro celebramos os apadriñamentos lectores no que os alumnos maiores contáronlles contos aos mais pequenos. a algúns non os perderemos de vista xa que teñen madeira de actores e actrices.
martes, 10 de marzo de 2015
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUI!
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

Ola de novo! Xa sabedes que na vindeira semana celebraremos o entroido no Rosalía e os mandadiños do Meco para este ano son:
Ide pensando e demostrade a vosa orixinalidade.
Ademais queremosvos deixar diferentes links nos que poderedes buscar información e xogar con actividades relacionadas con esta festa tan popular.
http://vello.vieiros.com/especial/entroido99.html
http://www.webdenorberto.com/recursos/entroido/caretas_e.htm
http://disfracesdereciclaje.blogspot.com.es/
https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos
http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/02/o-entroido-galego.html
Esperamos que disfrutedes desta festa, vémonos cedo.
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Día escolar da non violencia e da paz
Ola a todos e todas, cómo vai iso? xa sabedes que o día 30 de xaneiro, este venres celebraremos no centro o día escolar da non violencia e da paz. Para iso cantaremos e bailaremos todos xuntos "O xogo da carrasquiña". Dende a equipa de Normalización deixámosvos tamén estes enlaces o primeiro é para ed. infantil e o segundo para ed. primaria.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)