Esta semana tivemos no colexio a Víctor Fernández, adestrador de judo, que nos preparou unha divertida sesión para presentarnos este deporte que, ademais, pasará a formar parte das actividades extraescolares do noso colexio.
venres, 2 de outubro de 2026
luns, 28 de setembro de 2026
Cros escolar de Xogade
Hoxe foi unha desas datas que temos marcadas en vermello no noso calendario no comezo de curso. Chegou o día do Cros escolar de Xogade. Sempre é unha xornada moi divertida, chea de deporte, compañeirismo e incluso xogos musicais. Tamén houbo algún que outro nervio e algo de fatiga, pero sempre destacamos a sonrisa polo reto superado e a ledicia pola primeira saída do curso.
Xa estamos en movemento e agora non haberá quen nos pare!
luns, 14 de setembro de 2026
Visita de Saraiba do Mar
O curso 2026/27 xa está en marcha e nestas primeiras semanas xa tivemos a sorte de contar coa visita da Asociación Xuvenil Saraiba do Mar que organizou unhas sesións para que as nenas e nenos do Rosalía gozasen do fútbol sala. Moitas grazas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















































