Lecturas recomendadas para o Nadal, dispoñibles na biblio do noso cole!
Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Rosalía de Castro (O Grove)
luns, 14 de decembro de 2020
sábado, 14 de novembro de 2020
Os nosos festexos de outono!
Boasssss!!! Aquí vos deixamos unha recompilación de como foi o Samaín e o Magosto no noso cole, agardamos que a desfrutedes 😁
luns, 9 de novembro de 2020
MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS
Acércase o San Martiño, e con el o tempo do magosto!
Moito nos gusta comer as castañas asadas no noso cole, e este ano, respectando as distancias e con moito sentidiño, grazas a toda a comunidade educativa puidemos desfrutar delas coma todos os anos!!!! Ademais, puidemos desfrutar de distintos xogos tradicionais, pronto poderedes ver o ben que o pasamos!
Mentres tanto, aquí vos deixamos un arquivo moi interesante sobre "Xogos tradicionais", botádelle un ollo e animádevos a xogar!!!
luns, 2 de novembro de 2020
CONXUROS
Despois de agardar impacientemente...por fin podemos ver os "Conxuros" que realizaron os/as alumnos/as do noso cole polo Samaín! 🎃
Xa adiantamos que...estes nenos/as teñen moooooooita imaxinación e foron uns grandes feiticeiros/as! Ollade!! 👀luns, 26 de outubro de 2020
venres, 23 de outubro de 2020
Chegou o Samaín!
Olaaaa olaaa a todos e todas!😀
Despois de todos estes meses tan estraños, por fin puidemos volver ao cole! Todo é un pouco "diferente" pero...hai cousas que non cambiarán! Durante o mes de outubro sempre estabamos impacientes porque chegase o Samaín, e...este ano non iba a ser menos! Teremos un Samaín...de MeDoO!!! 😱😱
Momias Sangue Esqueletos Cabazas 🎃
Arañas Pantasmas Bruxas Vampiros
Apócemas Zombis Medo ...
Con todo isto e máis, este ano teremos que converternos en bruxos e bruxas e elaborar un "conxuro"
Ollade! 👀
xoves, 18 de xuño de 2020
Día do Medio Ambiente!
Ademais, deseñaron anuncios para concienciar ao ser humano da importancia do seu coidado e conservación, ollade 👀!
xoves, 4 de xuño de 2020
Caricaturas Carvalho Calero!
Definitivamente...son uns verdadeiros artistas!!! Ollade!
luns, 18 de maio de 2020
O Refraneiro da primavera!
Entre os máis populares: 😉
domingo, 17 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
xoves, 7 de maio de 2020
Semana das Letras Galegas!
luns, 4 de maio de 2020
O MAIO
Maio
Sabedes o que é un maio?? Flores,
laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os principais
ingredientes dos "Maios", as construcións vexetais que a primeiros do mes de maio enchen as rúas de case toda Galicia!
Sabiades que no Grove o día 1 de maio de cada ano celébrase un tradicional concurso de maios???! Seguro que algún de vós foi algunha vez, este ano non foi posible pero...apuntádeo na vosa axenda do próximo ano! 😉
Cada primeiro de maio a vexetación sae á rúa en forma de "maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora.
Os "maios" foron pensados para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais ou sobrenaturais. Era unha festa na que os nosos antepasados celebraban a fin do inverno e a chegada da primavera.

POEMA "AÍ VEN O MAIO"
Manuel Curros Enríquez
xoves, 23 de abril de 2020
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!
Aínda que os libros son especiais, e todo o ano lle temos que adicar o noso tempo e agarimo, hoxe é o seu día!
Por iso, vos deixamos este arquivo onde podedes atopar recomendacións de lectura en galego, e algúns audiocontos para que gocedes do voso tempo de lecer coa lectura!
Para iso, preme en Baía Edicións, Xerais e Papagaio, atoparás recomendacións de lectura en galego e algúns números da revista Papagaio.
Tamén podes acceder aos audiocontos de Contos do Camiño e Kalandraka.
martes, 31 de marzo de 2020
TODO VAI SAÍR BEN!!!
luns, 30 de marzo de 2020
Non vos perdades esta magnífica interpretación!
Estamos ansiosos por que esta situación remate axiña e poidamos reencontrarnos!
Mentres tanto, os alumnos do Rosalía seguen argallando!
Sara e Naima non lle dan cabida ao aburrimento e desfrutan moito creando as súas historias, pero...non só creando, senón tamén interpretando!!!!!!
Non vos perdades este bonito conto creado e interpretado por elas mesmas!
luns, 9 de marzo de 2020
NAMORADOS DA NOSA LINGUA!!!
Entre todas as actividades, cabe sinalar unha moi especial. O 21 de febreiro foi o Día Internacional da Lingua Materna, por isto, en cada aula, os nenos e nenas do Rosalía mergullámonos na nosa lingua pescudando palabras fermosas que nos gustaría compartir cos nosos amigos e familia. O resultado final foi este fermoso vídeo, non o perdades!!!!!!
domingo, 1 de marzo de 2020
xoves, 27 de febreiro de 2020
Entroido 2020 no Ceip Rosalía de Castro!
mércores, 26 de febreiro de 2020
24 FEBREIRO, Día de Rosalía de Castro
Unidades didácticas Rosalía de Castro por niveis (Recompilación de actividades do seminario Galán)
Un bico para...
martes, 18 de febreiro de 2020
O Entroido en Galicia!
Tamén vos deixamos un enlace con actividades de interese para facer nestes días:
"Mergullémonos no Entroido"
"Manualidades"
Alguns vídeos e cancións!
Arquivo pdf moi completo con información sobre como se festexa o entroido en distintos lugares de Galicia:
"O Entroido en distintos lugares de Galicia"
domingo, 16 de febreiro de 2020
ENTROIDO 2020 !!
mércores, 5 de febreiro de 2020
Día da Paz e da Non Violencia!
Vídeo baile Día da Paz
Ademais, nas portas principais de entrada e saída aos nosos patios temos unha receita mooooooi especial, a "receita para xogar en paz" que non soamente teremos en conta nun día tan sinalado, senon tódolos días do ano!!!