O Nadal é unha data moi especial, ben sexa por compartir momentos coa nosa
familia e amigos, dar e recibir agasallos…e sobre todo, unha data na que
pedimos desexos! Este ano os nenos e nenas do Rosalía engalanamos as árbores de nadal do corredor central do colexio con adornos que
contiñan uns desexos moi especiais dos nosos alumnos/as para conservar e coidar
o planeta Terra!
luns, 20 de xaneiro de 2020
sábado, 18 de xaneiro de 2020
Afondamos na nosa lingua! Espectáculo "Rilla Rilla"
Os nenos e nenas do Rosalía fomos convidados á preestrea
do espectáculo “Rilla Rilla na lingua” de Xarope
Tulú. Pasámolo moi ben no concurso
ademais de aprender moitas palabras e expresións novas en lingua galega!
"Magosto e xogos populares"
Un ano máis festexamos o magosto no noso cole. No mes de novembro fixemos a tradicional castañada, pero como o tempo non nolo permitiu...non puidemos facer os tradicionais xogos o mesmo día! Demorouse, pero finalmente disfrutamos dunha xornada lúdica moi divertida na que os nenos, nenas e mestres disfrutamos de xogos populares como a castaña que estoupa, o xogo das sillas, o tragacastañas, os bolos, a pesca das castañas, o tres en raia, conducimos castañas nun circuíto, relevo de castañas...etc! aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)