Despois dunha xornada moi divertida e tenebrosa, por fin temos a proba de que no Rosalía...RiMaMos de MeDoOoO! Ollade!👀👀
sábado, 30 de outubro de 2021
Rimas do Samaín!
sábado, 23 de outubro de 2021
xoves, 21 de outubro de 2021
No Rosalía...Rimamos de medo!!!
BenVidOs a un novo curso!😀
Olaaaa a todos e todas!!
Xa estamos no mes de outubro, mes de outono no que caen as follas das árbores, os días minguan, comeza a facer frío, caen os ourizos dos castiñeiros... pero...que máis ocorre no outono??
Seguro que acertaches: comeza o conta atrás para o Samaín👿👿!!!!! Un dos nosos festexos favoritos do outono!
Momias Sangue Esqueletos Cabazas 🎃
Arañas Pantasmas Bruxas Vampiros
Apócemas Zombis Medo ...
O ano pasado convertémonos nuns bos bruxos e creamos uns conxuros chulísimos, e para este ano... que vos parece se RiMaMoS De MeDo?????
sábado, 16 de outubro de 2021
Mulleres científicas ao longo da Historia
Neste enlace podedes coñecer a mulleres científicas da Historia, escoitade atentamente aos alumnos de 2º da ESO do IES Antonio Fraguas (de Santiago de Compostela)