Lecturas recomendadas para o Nadal, dispoñibles na biblio do noso cole!
Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Rosalía de Castro (O Grove)
venres, 9 de decembro de 2022
luns, 7 de novembro de 2022
Mannequin challenge do Samaín!
Un ano máis, no tempo do Samaín engalanámonos para a ocasión! E que mellor maneira que inmortalizalo deste xeito! 👀
mércores, 2 de novembro de 2022
A FÁBRICA DE MONSTROS DO ROSALÍA!
Durante os días previos ao SAMAÍN, a fábrica de monstros do Rosalía estivo traballando moito para fabricar os monstros máis monstruosos deste Samaín!! 👿💥🎃
Agardamos que desfrutedes moito vendo os vosos monstros e as súas historias!!
MONSTROS ED. INFANTIL
MONSTROS 1º,2º E 3º
MONSTROS DE 4º
MONSTROS DE 5º e 6º
luns, 10 de outubro de 2022
Tic Tac Tic Tac... Achégase o Samaín!!
Olaaa a todas e a todos!!!
Despois dun mes de curso xa comezamos cos preparativos para un dos nosos festexos favoritos... O SAMAÍN!!!
Cada ano, facemos diferentes actividades para traballar este festexo ancestral, e este ano propoñémosvos unha nova actividade. Atentos aos corredores do centro e ás instrucións das vosas mestras e mestres para crear o voso propio...MONSTRO!
Ahh! E non perdades detalle, xa que teredes que presentárnolo no Samaín!
mércores, 8 de xuño de 2022
Revista "Follas Nosas"
Xa temos a edición dixital da revista escolar deste ano! Como non podía ser doutra maneira, cunhas seccións chulísimas feitas polos alumnos do Rosalía.
Moitas grazas polas vosas achegas! 😊
PD: En breve disporemos dun exemplar na biblio do noso cole!
Desfrutádea!!
martes, 7 de xuño de 2022
"CORO DAS EMOCIÓNS"
Durante este curso estivemos a traballar as "EmOCiÓnS" e a importancia de saber identificalas. O profe de música levou a cabo unha actividade moi chula na que aprendemos como a través da música se poden expresar as emocións.
O alumnado de educación primaria interpretou unha morea de cancións en distintas linguas, con diferentes ritmos, etc.
Desfrutade o concerto!
martes, 24 de maio de 2022
venres, 20 de maio de 2022
COÑECEMOS A FLORENCIO DELGADO GUIRRIARÁN!
O alumnado de 3º de primaria elaborou un cómic moi chulo sobre o autor homenaxeado, non perdades detalle!
xoves, 12 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
Olaaaa a todas e todos!!
Un ano máis achégase o día das nosas verbas, o Día das Letras Galegas! Este ano o escritor homenaxeado é ...Florencio Delgado Gurriarán!
Queres coñecer un pouco da súa vida? Non perdas detalle!
Agora imos comprobar o que aprendeches sobre o gran día das nosas letras cun Kahoot!
-EDLG CEIP ROSALÍA DE CASTRO-
*ALGUNHAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS COMPARTIDAS POLO SEMINARIO GALÁN.
Enlace á rosco:
https://view.genial.ly/61d2eabfd2c6070de78019db
martes, 10 de maio de 2022
APADRIÑAMENTO LECTOR
Achégase un dos días máis esperados do ano no noso cole, o día no que as alumnas e alumnos de 5º e 6º representan as súas obras teatrais!!!
Agardamos impacientes por poder desfrutar das súas dramatizacións!
venres, 18 de marzo de 2022
Portada e Contraportada "Follas Nosas 21-22"
"GAÑADORES E FINALISTAS DO CUNCURSO PORTADA / CONTRAPORTADA REVISTA ESCOLAR DIXITAL 21-22"
Despois dunha dificilísima escolla, o noso xurado elixiu debuxo gañador para a portada e contraportada da revista escolar deste curso!
O debuxo gañador para a portada é de ...
Ainhoa Gondar de 6º B!
O debuxo gañador para a contraportada é de ...
Enzo Mojica de 2º B!
PARABÉNS!!!
******************************************
PORTADA
CONTRAPORTADA
DEBUXOS FINALISTAS:
-Juan (3º)
-Nerea Fernández (5ºA)
-Naira Meis (4º)
-Cristóbal (5ºB)
-Sara (6ºA)
-Nouhaila (6ºA)
GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!
venres, 4 de marzo de 2022
Noticiario mes de febreiro!
Siiiiiiiiiiiiiiiiiii !!
Xa temos a seguinte edición do noticiario "24 horas no Rosalía"! Non perdades detalle, o mes de febreiro foi un mes moi intenso xa que fixemos moitas actividades! Ollade!! 👀👀
sábado, 26 de febreiro de 2022
Coñecemos o entroido de Xinzo!!
Este entroido foi un tanto especial! Dende o cole, propuxémonos que cada ano coñeceríamos a fondo como é o entroido nos distintos lugares de Galicia, e este ano, eliximos Xinzo de Limia.
Para iso, empregamos distintos recursos da rede e tamén contamos coa colaboración do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo, que nos enviou unhas redaccións chulísimas contándonos como festexan o entroido na súa vila! Moitas GraCiAS Xinzo, encantounos o voso Entroido, coas vosas tradicións e sobre todo a vosa protagonista, “A Pantalla”! 😍
xoves, 24 de febreiro de 2022
COMO É O ENTROIDO NO GROVE?
Imos compartir con todos/as vós como é o entroido na nosa vila. Nos últimos anos non puido festexarse como sempre por causa da pandemia, pero imos explicar como o celebrabamos cada ano, esperemos que pronto poidamos recuperar todas estas actividades! Escoitade con atención!
Como ben dixeron os compañeiros, o "prato forte" do noso entroido son as "comparsas". Ollade a noticia que nos achegan os compañeiros/as de 6º!
*Parte do texto da lenda é do libro "Os mequiños e a lenda do Meco" de Juan Sendino e Pepe Carreiro, publicado por Todogrove edición.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE COMO FESTEXAMOS O ENTROIDO NA NOSA VILA!
Día de Rosalía No Rosalía
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro fixemos moitas actividades nos distintos cursos: producións plásticas, visita virtual á casa de Rosalía, actividades interactivas, coñecemos as súas obras cos nosos robots e ata recitamos poesías das dúas obras máis coñecidas de Rosalía, “Cantares galegos” e “Follas novas”.
Cada ano desfrutamos máis e máis coñecendo a Rosalía!!!!
luns, 14 de febreiro de 2022
xoves, 3 de febreiro de 2022
O entroido en Galicia: Xinzo de Limia
O curso pasado demos comezo a unha actividade que consistía en coñecer como se festexa o Entroido nos distintos lugares de Galicia. Como non, comezamos pola nosa localidade, O Grove, e este ano tócanos coñecer como festexan o Entroido en ... XINZO DE LIMIA!!
E...onde queda Xinzo de Limia? Pois é un municipio da Comarca da Limia, na provincia de Ourense. 👀
Imos indagar sobre as tradicións do Entroido nese municipio, que segundo dín...é o máis longo de todo España! Ollade o calendario do Entroido pasado...
Si que son festeiros nesta vila! 😄
Para afondar nas súas tradicións, achegámosvos os seguintes vídeos onde nos explican algunhas cousiñas moi interesantes sobre como viven o Entroido.
No seguinte vídeo explícanlles ás nenas e nenos dun colexio como é a súa personaxe principal, a "Pantalla"
Neste enlace podedes atopar unha noticia da televisión de Galicia que nos fala sobre a elaboración da carauta típica.
ELABORACIÓN ARTESANAL DAS PANTALLAS DE XINZO
Agora que xa coñecedes as Pantallas de Xinzo, aquí vos deixamos unhas actividades para ver canto sabedes do entroido desta vila!
*ACTIVIDADES PARA ED.INFANTIL E 1º CICLO
*ACTIVIDADES PARA O 2º E 3º CICLO