xoves, 13 de novembro de 2025

Levamos unhas semanas moi atarefados no cole preparando os festexos do outono que tanto nos gustan, o Samaín e o Magosto! 👻

No Samaín desfrutamos dunha deliciosa chocolatada, puxemos os nosos disfraces máis terroríficos e realizamos actividades onde puxemos en práctica a creatividade dos nosos nenos/as para conmemorar este festexo! 

No Magosto puidemos degustar unhas castañas riquísimas que nos prepararon as familias con moito agarimo e desfrutamos dunha xornada moi divertida de xogos populares!

Non perdades detalle! 👀


    Algunhas das actividades foron…

-Descubrir personaxes do Samaín coa mesa de LuZ.

-Crear construcións terroríficas empregando Korbo e os Lego. 

-Decorar os corredores e portas de cada aula con cadros famosos, relacionado coa temática do PDI deste curso, o ArTe

-Empregar os lapis de impresión 3D para realizar chaveiros con temática de Samaín.

-Crear escenarios terroríficos empregando a linguaxe de programación con Scratch.

-Inventar dúas historias en banda deseñada que quedaron de "medo", onde colaborou todo o alumnado do colexio!











xoves, 30 de outubro de 2025

ENTRE VIÑETAS E PANTASMAS!

Neste outono, todo o alumnado do noso colexio traballou xunto nunha actividade moi especial organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O obxectivo era crear dúas historias de misterio e medo... e compartir o proceso entre todos os cursos!

O alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de inventar e escribir dous cómics cheos de intriga, dándolles vida a uns relatos que poñen os pelos de punta.
Os nenos e nenas de puxéronlles cor, expresividade e moita arte, ilustrando as historias e demostrando o seu gran talento artístico.
Os cursos de 4º, 3º e 2º puxeron as súas voces e emocións para gravar as narracións e conseguir que os máis pequechos puidesen escoitalas mentres ollaban as imaxes.
O alumnado de 1º de Primaria encargouse de deseñar as portadas, enchendo de cor e creatividade o inicio de cada historia.
E, por suposto, o noso alumnado de Educación Infantil tamén tivo un papel fundamental: decoraron as letras dos títulos, dándolles un toque alegre e misterioso.

O resultado final foi un proxecto conxunto cheo de imaxinación, cooperación e lingua galega, no que cada curso puxo o seu gran de area para crear algo único.
Parabéns a todo o alumnado e ao profesorado implicado por facer posible esta aventura tan terrorífica e divertida! 🎃

👉 Aquí vos deixamos os vídeos cos dous cómics, para que todas as familias poidades disfrutar das historias, das voces e das ilustracións creadas polo noso alumnado.




🖼️ E aquí vos deixo tamén unha imaxe de como quedou o mural, que recolle parte do traballo feito entre todos e todas. Quedou terrorificamente bonito! 👻✨




venres, 24 de outubro de 2025

Coñecendo o noso corpo en EF


Nestes primeiros meses de curso, nas clases de Educación Física de 1º e 2º ciclo estamos a coñecer mellor o noso corpo. Saber como somos, como nos movemos e que podemos facer con cada parte é moi importante para aprender a movernos mellor, xogar e desfrutar da actividade física.

A través de xogos e actividades divertidas, os nenos e nenas van descubrindo o seu corpo e aprendendo a controlalo. Algunhas das propostas que fixemos foron:

  • Transportar obxectos con diferentes partes do corpo.

  • Xogos de equilibrio, para manterse firmes sen caer.

  • Debuxar a silueta do corpo con cordas e outros materiais.

  • Pequenos circuitos motrices, onde poñemos en práctica o control, a coordinación e a axilidade.

Todo isto axúdalles a coñecerse mellor, gañar confianza nos seus movementos e sentar as bases para seguir aprendendo novas habilidades ao longo do curso.









mércores, 8 de outubro de 2025

Cros de Xogade en Montalvo

Somos un cole de nenas e nenos deportistas e por iso agardábamos con ilusión (e un pouco de nervios, non o imos negar) a data de hoxe.

Desprazámonos ata o merendeiro da praia de Montalvo para participar no Cros Escolar de Xogade, cos cursos dende 2º a 6º de Primaria.

Foi unha xornada moi divertida e soleada, na que ademais de correr tivemos tempo para bailar e xogar. 

E lembrade... "Como se lía... no Rosalía!"



        





martes, 30 de setembro de 2025

Patios activos... patios deportivos!

 Nos recreos do noso colexio, o xogo non para!

Patios activos e deportivos, con novas propostas cada día.

Un espazo para divertirse, compartir e moverse libremente.








venres, 26 de setembro de 2025

Coñecemos xogos alemáns

 Nas últimas semanas tivemos de visita no colexio a Helene, Sevil, Hava e Licia, catro estudantes alemás que, dentro da súa estadía no Grove por un proxecto de estudos, quixeron compartir cos nenos e nenas do Rosalía algúns xogos das súas clases de Educación Física en Alemaña.

Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora.

Danke!





luns, 22 de setembro de 2025

O Rosalía en movemento

 Comeza o curso e as nenas e nenos do Rosalía xa estamos en marcha.

Nas primeiras clases de Educación Física, ademais de facer algunhas probas de avaliación inicial, divertímonos con xogos cooperativos, traballando destrezas que serán moi importantes ao longo deste curso.

A movernos!







xoves, 5 de xuño de 2025

REVISTAS FOLLAS NOSAS 24-25

 Xa está aquí!

Coma todos os anos, por aquí vos deixamos a revista escolar dixital "Follas Nosas", creada polo alumnado do centro con moito esforzo e agarimo.

Noraboa aos premiados dos concurso de portadas e contraportadas 😀.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!


mércores, 21 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito diferente. Xa que dito día este ano conmemora ás cantareiras, dende o centro decidimos facer unha xornada de música e baile tradicional galego, contando coa colaboración da Asociación Cultural Cantodorxo de O Grove.

En primeiro lugar realizamos un desfile dos diferentes tipos de traxes tradicionais galegos.

A continuación, contamos coa actuación do alumnado pandereteiro do centro; para dar paso tamén a un baile que realizaron alumnado do centro que acode a Cantodorxo.

Asemade, houbo mestres/as do centro que se apuntaron a dar uns pasos e a iniciarse no baile tradicional galego.

E por último, rematamos ao grande con unha gran foliada na que o pasamos de marabilla.

Moitas grazas á Asociación Cultural Cantodorxo pola súa colaboración e aos colaboradores/as externos que participastes neste día.





martes, 20 de maio de 2025

XORNADA DEPORTIVA POLA LINGUA

 Coma nos últimos anos, todo o centro nos desplazamos a Terra de Porto para realizar a Xornada deportivas pola lingua.

Cada curso realizou a súa carreira adaptada ás idades, para despois, levar a cabo diferentes actividades deportivas coma carreira de sacos, paracaídas, baloncesto, futbol, relevos... e tamén se celebrou o xa tradicional partido de mestres/as contra alumnos/as de 6º E.P.

Esperamos que vos guste!




martes, 13 de maio de 2025

As Cantareiras, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025

 Este ano 2025, o Día das Letras Galegas está adicado ás cantareiras, mulleres que transmitiron durante xeracións a poesía e a música popular galega a través da voz, da memoria e do corazón. Sen apenas recoñecemento público, estas mulleres foron as mestras da nosa tradición oral, cantando en festas, traballos do campo ou reunións familiares.


A Real Academia Galega homenaxea a sete delas: Adolfina e Rosa Casás Rama (de Cerceda), Eva Castiñeira Santos (de Muxía) e as irmás Manuela Lema, Prudencia Garrido e Asunción Garrido (de Malpica). Todas forman parte das coñecidas Pandeireteiras de Mens.


Grazas a elas e a outras moitas mulleres anónimas, hoxe podemos coñecer e gozar dun patrimonio cultural valiosísimo, cheo de coplas, cantigas e emoción. Coñecer ás cantareiras é tamén recoñecer o valor da nosa lingua e das nosas raíces.



Para homenaxear a todas estas mulleres Xabier Díaz  conta con 54 vídeos que documentan o patrimonio inmaterial das cantareiras galegas, recollidos entre 1989 e 2011, que serán difundidos semanalmente nas súas redes sociais ao longo do ano, os cales vos animamos a ver:

Rosa e Aida Garrido (Moscoso) 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐜𝐡𝐚𝐫 𝐨 𝐦𝐢𝐥𝐥𝐨. Moscoso, Pazos de Borbén 11.01.1998


Por aquí vos deixamos outros videos e recursos que de seguro vos resultarán interesantes:


Vídeo das Letras Galegas 2025 · As cantareiras e a poesía popular oral - 5º Colexio San Pío X 


Se canto é porque quero | Capítulo 2. As pandeireteiras de Mens. Da aldea á cidade


http://seminariogalan.org/inicio/2025/documentos


https://oblogdamestracris.blogspot.com/2025/05/librino-das-letras-galegas-2025.html


xoves, 10 de abril de 2025

Arte coas mans



Outro ano máis o 1 de abril conmemoramos o Día das Artes Galegas no cole, este ano adicado a Isaac Díaz Pardo. 

Nado en Santiago de Compostela, foi un pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario; asemade a súa faceta máis recoñecida foi a dirección e administración do Grupo Sargadelos.

Para coñecer un pouco máis sobre o homenaxeado, facede click na foto.


Os mequinhos do Rosalía coa axuda das súas familias realizaron verdadeiras obras de arte inspiradas en Sargadelos. Pero iso non é todo, xa que o fixeron nada máis e nada menos que con MATERIAIS RECICLADOS.

Mirade que exposición tan chula quedou!!




Moitísimas grazas a tod@s!!!