xoves, 10 de abril de 2025

Arte coas mans



Outro ano máis o 1 de abril conmemoramos o Día das Artes Galegas no cole, este ano adicado a Isaac Díaz Pardo. 

Nado en Santiago de Compostela, foi un pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario; asemade a súa faceta máis recoñecida foi a dirección e administración do Grupo Sargadelos.

Para coñecer un pouco máis sobre o homenaxeado, facede click na foto.


Os mequinhos do Rosalía coa axuda das súas familias realizaron verdadeiras obras de arte inspiradas en Sargadelos. Pero iso non é todo, xa que o fixeron nada máis e nada menos que con MATERIAIS RECICLADOS.

Mirade que exposición tan chula quedou!!




Moitísimas grazas a tod@s!!!


martes, 8 de abril de 2025

PORQUE ROSALÍA, PROTEXE A NOSA LINGUA

 XA TEMOS VIDEOCLIP!!!!!


Despois de moito traballo por parte do cole e con axuda externa, conseguimos finalizar o proxecto do Día de Rosalía e presentar o videoclip da canción que os nenos e nenas de 6º do ano pasado compuxeron.

Quixemos facerlle un oco á gran familia do pasado e do presente do noso cole e xuntámonos todos e todas para este videoclip.

MOITÍSIMAS GRACIAS A CADA UN/A DOS QUE PUXESTES UN GRANCIÑO DE AREA PARA A REALIZACIÓN DESTE VÍDEO!

Esperamos que vos guste 💓