xoves, 30 de outubro de 2025

ENTRE VIÑETAS E PANTASMAS!

Neste outono, todo o alumnado do noso colexio traballou xunto nunha actividade moi especial organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O obxectivo era crear dúas historias de misterio e medo... e compartir o proceso entre todos os cursos!

O alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de inventar e escribir dous cómics cheos de intriga, dándolles vida a uns relatos que poñen os pelos de punta.
Os nenos e nenas de puxéronlles cor, expresividade e moita arte, ilustrando as historias e demostrando o seu gran talento artístico.
Os cursos de 4º, 3º e 2º puxeron as súas voces e emocións para gravar as narracións e conseguir que os máis pequechos puidesen escoitalas mentres ollaban as imaxes.
O alumnado de 1º de Primaria encargouse de deseñar as portadas, enchendo de cor e creatividade o inicio de cada historia.
E, por suposto, o noso alumnado de Educación Infantil tamén tivo un papel fundamental: decoraron as letras dos títulos, dándolles un toque alegre e misterioso.

O resultado final foi un proxecto conxunto cheo de imaxinación, cooperación e lingua galega, no que cada curso puxo o seu gran de area para crear algo único.
Parabéns a todo o alumnado e ao profesorado implicado por facer posible esta aventura tan terrorífica e divertida! 🎃

👉 Aquí vos deixamos os vídeos cos dous cómics, para que todas as familias poidades disfrutar das historias, das voces e das ilustracións creadas polo noso alumnado.




🖼️ E aquí vos deixo tamén unha imaxe de como quedou o mural, que recolle parte do traballo feito entre todos e todas. Quedou terrorificamente bonito! 👻✨




venres, 24 de outubro de 2025

Coñecendo o noso corpo en EF


Nestes primeiros meses de curso, nas clases de Educación Física de 1º e 2º ciclo estamos a coñecer mellor o noso corpo. Saber como somos, como nos movemos e que podemos facer con cada parte é moi importante para aprender a movernos mellor, xogar e desfrutar da actividade física.

A través de xogos e actividades divertidas, os nenos e nenas van descubrindo o seu corpo e aprendendo a controlalo. Algunhas das propostas que fixemos foron:

  • Transportar obxectos con diferentes partes do corpo.

  • Xogos de equilibrio, para manterse firmes sen caer.

  • Debuxar a silueta do corpo con cordas e outros materiais.

  • Pequenos circuitos motrices, onde poñemos en práctica o control, a coordinación e a axilidade.

Todo isto axúdalles a coñecerse mellor, gañar confianza nos seus movementos e sentar as bases para seguir aprendendo novas habilidades ao longo do curso.









mércores, 8 de outubro de 2025

Cros de Xogade en Montalvo

Somos un cole de nenas e nenos deportistas e por iso agardábamos con ilusión (e un pouco de nervios, non o imos negar) a data de hoxe.

Desprazámonos ata o merendeiro da praia de Montalvo para participar no Cros Escolar de Xogade, cos cursos dende 2º a 6º de Primaria.

Foi unha xornada moi divertida e soleada, na que ademais de correr tivemos tempo para bailar e xogar. 

E lembrade... "Como se lía... no Rosalía!"