venres, 14 de novembro de 2025

Magosto deportivo

 Na celebración do Magosto, ademais de probar unhas ricas castañas, pasamos un rato moi divertido con xogos populares galegos.












xoves, 13 de novembro de 2025

Levamos unhas semanas moi atarefados no cole preparando os festexos do outono que tanto nos gustan, o Samaín e o Magosto! 👻

No Samaín desfrutamos dunha deliciosa chocolatada, puxemos os nosos disfraces máis terroríficos e realizamos actividades onde puxemos en práctica a creatividade dos nosos nenos/as para conmemorar este festexo! 

No Magosto puidemos degustar unhas castañas riquísimas que nos prepararon as familias con moito agarimo e desfrutamos dunha xornada moi divertida de xogos populares!

Non perdades detalle! 👀


    Algunhas das actividades foron…

-Descubrir personaxes do Samaín coa mesa de LuZ.

-Crear construcións terroríficas empregando Korbo e os Lego. 

-Decorar os corredores e portas de cada aula con cadros famosos, relacionado coa temática do PDI deste curso, o ArTe

-Empregar os lapis de impresión 3D para realizar chaveiros con temática de Samaín.

-Crear escenarios terroríficos empregando a linguaxe de programación con Scratch.

-Inventar dúas historias en banda deseñada que quedaron de "medo", onde colaborou todo o alumnado do colexio!