luns, 29 de decembro de 2025

FESTIVAL DE NADAL

 Se queredes volver ver as marabillosas actuacións do noso alumnado, por aquí vos deixamos o vídeo coa recompilación das actuacións do noso festival!

Que o desfrutedes! 😊



BADALADAS!

 Acaba o 1°trimestre e con el o ano! 

Non perdades detalle do discurso que fixeron as nenas e nenos de 6° e do ben que o pasamos!

FeLiZ ANinoVo! 🥳




domingo, 14 de decembro de 2025

Cros Provincial de Xogade

Este sábado desprazámonos a Zamáns (Vigo) para participar na fase provincial do Cros Escolar de Xogade.

Un total de 21 nenas e nenos de diferentes cursos do Rosalía enfundáronse a nosa camiseta para participar nunha xornada especial, na que, ademais das carreiras, houbo tempo para a diversión e a convivencia.

O Rosalía segue en movemento!