Olaaaa nenos/as! O vindeiro 23 de abril é o Día do Libro. Por iso, imos dedicarlle o mes de abril aos contos en galego! Os libros achégannos innumerables aventuras e ademais, fan que pasemos moitos momentos agradables. Si estamos moi atentos á lectura e nos metemos no papel dos personaxes...podemos pasar horas lendo!! Un conto é unha moi boa opción para calquera día do ano, sabedes que a través dos contos podemos mergullarnos en infinitas aventuras?????
Siiiiiiiii, lestes ben!!!!
Si prestamos atención cando lemos ou escoitamos un conto, poderemos viaxar a outros lugares, transformarnos en fadas ou trasnos, guerreiras/os, seres inanimados, bruxas/os, animais...Facede a proba! Soamente tedes que prestar moooooita atención e deixar voar a vosa imaxinación! Aquí vos deixamos o divertido conto "A vaca que puxo un ovo"
Nestes enlaces podedes atopar outros contos curtos moi divertidos en galego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario