venres, 5 de novembro de 2021

O MAGOSTO

Despois do Samaín, agardamos inquedos a chegada do seguinte festexo do outono, O MaGoSTo!!! Que pracenteiro é ir camiñando pola rúa un día solleiro e frío de outono e ulir o recendo das castañas asadas, verdade? 😋😋

O vindeiro venres 12 poderemos desfrutar da tradicional festa do magosto no noso cole, onde non faltarán os xogos populares e as castañas asadas! Mentres tanto, aquí vos deixamos algunhas actividades moi chulas relacionadas con este festexo de outono, elaboradas por compañeiros/as doutros colexios de Galicia! 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario