mércores, 22 de abril de 2026

Recreacións dos artistas do Rosalía

 Aquí vos deixamos a mostra das fotografías que nos enviachedes pola conmemoración do día das Artes Galegas, este ano dedicado ao fotógrafo José Suárez.

Quedaron unhas recreacións chulísimas! 👀



mércores, 15 de abril de 2026

4º de Primaria segue en movemento

 O grupo de 4º de Primaria participou na última xornada de multideporte de Xogade deste curso. Nesta ocasión, desprazámonos ao pavillón "novo" do Monte da Vila para compartir unha divertida e emocionante mañá de deporte co colexio veciño das Bizocas.

Non paramos, seguimos en movemento!


















martes, 14 de abril de 2026

Xornada de multideporte de 6ºB

 O grupo de 6ºB participou nunha divertida xornada de multideporte de Xogade no pavillón "vello" do Monte da Vila na que compartimos unha mañá de xogos e deportes cos nenos e nenas do colexio de Nantes.