mércores, 25 de marzo de 2026

4º de Primaria xoga ao balonmán

 Despois de recibir a visita do Rasoeiro no noso colexio, para impartirnos unha sesión de adestramento, acudimos ao pavillón do Monte da Vila para participar nunha xornada de balonmán na que xogamos partidos contra os colexios de Conmeniño e Valle Inclán.

Os partidos estiveron cheos de emoción, goles, paradas,... Pero sobre todo, moita diversión!

Con esta actividade pechamos un marzo cheo de deporte e descansamos un pouco para recargar as pilas para o último trimestre, no que tamén teremos actividades de Xogade.

Seguimos en movemento, porque...

COMO SE LÍA... NO ROSALÍA!













venres, 20 de marzo de 2026

Equilibristas do acrosport


acrosport é unha disciplina moi divertida que combina acrobacias, equilibrio e traballo en equipo. Consiste en crear figuras humanas e pequenas coreografías nas que todos e todas teñen un papel importante. Aquí é fundamental confiar nos compañeiros, colaborar e pasalo ben mentres nos movemos!

Forma parte da programación dalgúns cursos, estando presente nas sesións de Educación Física a través dunha unidade didáctica adaptada a cada idade, aprendendo figuras, normas de seguridade e moita coordinación.

Ademais, todos os venres os nenos e nenas do noso colexio poden ir ao ximnasio a practicar acrosport, dentro dos Patios Activos do cole. 

Unha actividade diferente, un plan activo e cheo de retos en equipo! 💪















mércores, 18 de marzo de 2026

6ºA xoga en Nantes

 O CEIP Plurilingüe Nantes recibiunos nunha xornada de multideporte na que puxemos en práctica todos os coñecemento e as habilidades deportivas que imos adquirindo ao longo destes cursos. 

Seguimos en marcha, a pola recta final do curso!

























martes, 17 de marzo de 2026

3º de Primaria énchese de deporte

 A clase de 3º participou nunha nova xornada de multideporte, dentro do programa Xogade.

Esta vez, fixemos de locais e recibimos aos veciños e veciñas do CEIP de Portonovo.

A xornada tivo lugar no pavillón do Monte da Vila, que se converteu no escenario perfecto para compartir xogos, partidos, emoción... Pero sobre todo, moita diversión!