mércores, 22 de decembro de 2021
venres, 10 de decembro de 2021
NOTICIARIO MES DE NOVEMBRO
Boas a todos/as!
Xa dispoñemos doutra edición do Noticiario "24 Horas no Rosalía!". Nesta edición, os compañeiros de 6º B foron os encargados de contarnos as noticias do mes de novembro. Non perdades detalle, esperamos que vos guste! 👀
venres, 3 de decembro de 2021
Festexos do outono No RoSaLía!!
Olaa olaa de novo! Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos no noso cole nos festexos de outono, no Samaín e o Magosto! 👀
venres, 5 de novembro de 2021
O MAGOSTO
Despois do Samaín, agardamos inquedos a chegada do seguinte festexo do outono, O MaGoSTo!!! Que pracenteiro é ir camiñando pola rúa un día solleiro e frío de outono e ulir o recendo das castañas asadas, verdade? 😋😋
O vindeiro venres 12 poderemos desfrutar da tradicional festa do magosto no noso cole, onde non faltarán os xogos populares e as castañas asadas! Mentres tanto, aquí vos deixamos algunhas actividades moi chulas relacionadas con este festexo de outono, elaboradas por compañeiros/as doutros colexios de Galicia!
xoves, 4 de novembro de 2021
Noticiario "24 horas no Rosalía"
sábado, 30 de outubro de 2021
Rimas do Samaín!
Despois dunha xornada moi divertida e tenebrosa, por fin temos a proba de que no Rosalía...RiMaMos de MeDoOoO! Ollade!👀👀
sábado, 23 de outubro de 2021
xoves, 21 de outubro de 2021
No Rosalía...Rimamos de medo!!!
BenVidOs a un novo curso!😀
Olaaaa a todos e todas!!
Xa estamos no mes de outubro, mes de outono no que caen as follas das árbores, os días minguan, comeza a facer frío, caen os ourizos dos castiñeiros... pero...que máis ocorre no outono??
Seguro que acertaches: comeza o conta atrás para o Samaín👿👿!!!!! Un dos nosos festexos favoritos do outono!
Momias Sangue Esqueletos Cabazas 🎃
Arañas Pantasmas Bruxas Vampiros
Apócemas Zombis Medo ...
O ano pasado convertémonos nuns bos bruxos e creamos uns conxuros chulísimos, e para este ano... que vos parece se RiMaMoS De MeDo?????
sábado, 16 de outubro de 2021
Mulleres científicas ao longo da Historia
Neste enlace podedes coñecer a mulleres científicas da Historia, escoitade atentamente aos alumnos de 2º da ESO do IES Antonio Fraguas (de Santiago de Compostela)
martes, 8 de xuño de 2021
Revista escolar curso 20/21 "FOLLAS NOSAS"
Tic Tac Tic Tac...!
Xa temos a revista escolar deste curso!
Como non podía ser doutra maneira, chea de actividades e seccións chulísimas feitas polos alumnos do Rosalía. Desfrutádea!!
xoves, 27 de maio de 2021
Apadriñamento lector e SeMaNa DaS LeTraS GaLeGas!
Este ano puidemos retomar a actividade do apadriñamento lector, pero para facelo máis especial, os compañeiros/as de 5º e 6º prepararon, e algúns ata inventaron unhas obras de teatro con moooooito, mooooooito esmero e cariño! Puidemos desfrutar de historias fantásticas, contos clásicos do revés e unha representación sobre alimentación saudable con canción incluída! Desfrutámolas moito!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra. 👀👀
mércores, 12 de maio de 2021
*Semana das letras galegas*
O vindeiro 17 de maio é o día das nosas letras, das nosas verbas, é o Día das Letras Galegas!!!
Para
saber un pouquiño máis sobre a autora e afondar sobre a súa vida, o seu estudo
sobre a literatura galega, o seu compromiso coa nosa lingua, as súas
obras...deixámosvos os seguintes LIM elaborados polo EDLG do noso cole, desfrutádeos!
martes, 20 de abril de 2021
GAÑADORES DO CONCURSO DE PORTADA E CONTRAPORTADA
Despois dunha dificilísima escolla, o noso xurado elixiu debuxo gañador para a portada e contraportada da revista escolar deste curso!
O debuxo gañador para a portada é de ... Sara de 5º A!
O debuxo gañador para a contraportada é de ... Enzo Alexander de 1º B!
PARABÉNS!!!
PORTADA
CONTRAPORTADA

DEBUXOS FINALISTAS:
-Daniela Trelles (5ºB)
-Iris (4ºB)
-Natalia Garrido (6ºA)
-Naira (3º)
-Raúl (6ºB)
-Enya (5ºA)
-Andrés (3º)
-Nicolás Cacabelos (1ºB)
-Thalía (1ºB)
GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!
luns, 5 de abril de 2021
ABRIL, MES DOS CONTOS EN GALEGO!!


Un conto é unha moi boa opción para calquera día do ano, sabedes que a través dos contos podemos mergullarnos en infinitas aventuras?????
Soamente tedes que prestar moooooita atención e deixar voar a vosa imaxinación!
Aquí vos deixamos o divertido conto "A vaca que puxo un ovo"
Nestes enlaces podedes atopar outros contos curtos moi divertidos en galego!
-Educación infantil,1º e 2º EP.-
- Audiocontos.
A tartaruga que quería durmir.
A princesa que bocexaba a todas horas.
- Contos e libros para ler. (Preme nas opcións)
luns, 8 de marzo de 2021
venres, 5 de marzo de 2021
*RoSaLíA no Rosalía*
Cada ano nas datas próximas ao 24 de febreiro coñecemos un pouquiño máis a Rosalía de Castro. A súa vida, traballamos nalgunhas das súas obras... Este ano participamos nun concurso de debuxo, "a nosa Rosalía", organizado pola Deputación de Pontevedra. Ademais, o alumnado do cole achegou aos amigos Mbot e Beebot os nomes dalgunhas obras da nosa escritora favorita, Rosalía!
Ollade! 👀👀
xoves, 18 de febreiro de 2021
24 de febreiro_ DÍA DE ROSALÍA!!!
Achégase o día!
Cada ano, o 24 de febreiro conmemorase o Día de Rosalía de Castro, e... sabedes por que? Pois porque un 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela a gran poetisa e novelista da nosa terra galega, Rosalía de Castro.
Aquí vos deixamos algúns materiais e recursos para coñecer un pouco máis a esta gran autora que dá nome ao noso querido cole! 😊
ACTIVIDADES POR CURSOS:
ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL.
ACTIVIDADES PARA 1º E 2º EP.
ACTIVIDADES PARA 3º E 4º E.P.
ACTIVIDADES PARA 5º E 6º E.P.
Poema de Rosalía de Castro (Follas Novas)
versionado por Lia Pamina e os Peregrinos
Biografía de Rosalía de Castro
Tamén podes desfrutar deste Genially con actividades interactivas sobre Rosalía de Castro
mércores, 17 de febreiro de 2021
O noso Entroido !
Olaaa olaaa!🙋🙋
Este entroido foi "diferente", non tivemos degustación, tampouco tivemos desfile dos nenos de 1º e 2º, pero... o COVID non impediu que os nenos, nenas e mestres do Rosalía desfrutasen do Entroido! Un día con calcetíns distintos, outro con peiteados estrafalarios, non podiamos deixar de vir ao cole en pixama, roupa do revés e como non... o disfrace libre! 👺👸👹💃
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da semana do Entroido no noso cole!!!!👀
martes, 2 de febreiro de 2021
Xa chegou o ENTROIDO!
Olaaaa rapaces/as!! 💃💅👿👺👻👹👮
Xa chegou o ENTROIDO e o Meco xa se deixou ver durante a semana no noso cole, veu para traernos os mandadiños!! Este ano para engalanarnos durante a vindeira semana, propúxonos o seguinte:
Aquí vos deixamos algunhas actividades para coñecer un pouquiño máis sobre o Entroido na nosa vila! Mans á obra!😀
Despois de facer as actividades, anímate a xogar con este Brincaletras do Entroido Meco!
"CANTO SABES SOBRE O ENTROIDO DA TÚA VILA???"

Día da paz
luns, 1 de febreiro de 2021
FESTIVAL DE NADAL!
Simpatía, ilusión e moita emoción son algunhas das cousas que nos amosa o noso alumnado en cada unha das súas actuacións neste ano tan difícil. 💖
Desexamos que as desfrutedes!!!!
1º parte:
2º parte: