xoves, 2 de marzo de 2023

Rosalía, Rosalía

 O alumnado de 4º EP do noso cole participou nun concurso organizado pola Deputación de Pontevedra para poñer en valor a Rosalía de Castro e outros valores asociados, especialmente o feminismo e a reciclaxe.

A proposta consistía en facer unha colaxe sobre a vida ou algunha obra desta autora con materiais de refugallo. As nenas e nenos trouxeron materiais das súas casas, polo que se agradece a participación e colaboración das familias neste proxecto, e fixeron unha composición cun dos poemas de Rosalía de Cantares Galego, "Alborada".

Ollade o bonito que quedou! 👀          

PARABÉNS !!!👏👏👏







Ningún comentario:

Publicar un comentario