sábado, 25 de febreiro de 2023

23 de Febreiro, "Día de Rosalía de Castro"!

 Este mes de febreiro é un mes curtiño pero moi completo! Despois de festexar o entroido por todo o alto, volvemos das vacacións un día moi especial, o Día da nosa Rosalía

Este ano, durante o mes de febreiro, cada aula elixiu un poema de Rosalía para traballalo na clase e...ILUSTRALO!! Quedaron uns debuxos moi bonitos e moi representativos das obras de Rosalía! 

O día de Rosalía, xuntámonos todos no patio para compartir os nosos poemas, colgámolos nas reixas do noso cole e tamén contamos coa colaboración dunha das nosas nais, que recitou algúns poemas de Rosalía moi ben, deixounos abraiados! Moitas grazas!! 💖

Non perdades detalle deste acto tan fermoso!







Ningún comentario:

Publicar un comentario