O grupo de 3º de Primaria desprazouse ao novo pavillón do Monte da Vila para participar na primeira xornada de multideporte de Xogade deste curso.
O obxectivo destas xornadas é compartir unha mañá de xogos e deportes con nenos e nenas doutros colexios da zona, fomentando sempre por riba de todo o xogo limpo e o compañeirismo. Neste caso, cos nosos veciños e veciñas das Bizocas.
Dende logo, observando as fotos podemos dicir que o obxectivo quedou máis que cumplido.
No Rosalía, non paramos de movernos!




Ningún comentario:
Publicar un comentario