sábado, 14 de marzo de 2026

DÍA DAS ARTES GALEGAS



O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, unha data dedicada a recoñecer e poñer en valor o traballo de artistas que contribuíron á cultura de Galicia. 

Este ano está dedicado a José Suárez, un dos fotógrafos galegos máis destacados do século XX. Naceu en Allariz (Ourense) en 1902 e foi un pioneiro da fotografía artística e documental. A través da súa cámara soubo captar a vida cotiá, as paisaxes e as persoas, especialmente do mundo mariñeiro e rural galego. 

Para celebrar este día tan especial no noso centro, queremos propoñer unha actividade na que tamén participen as familias:

  • Proposta de actividade: "Recreación artística"

Convidamos ás familias e ao alumnado a recrear unha obra de arte coñecida ou a portada dun libro. Poden utilizar disfraces, obxectos da casa, escenarios ou todo aquilo que lles axude a parecerse o máis posible á obra escollida. O importante é divertirse, ser creativos e compartir un momento en familia.

Unha vez feita a recreación, deberán facer unha fotografía da escena e enviala ao seguinte correo electrónico: angela.perez.castro@edu.xunta.gal, especificando a obra que están recreando.

Con todas as fotografías recibidas organizaremos unha exposición no colexio, para que todo o alumnado poida ver e desfrutar das recreacións artísticas realizadas.

















Animámosvos a participar nesta actividade creativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario