venres, 12 de xuño de 2026

Xornada na Toxa

 Os cursos de 1º e 2º de Primaria calzáronse as zapatillas para ir camiñando ata a Toxa. Unha vez alí, participaron nunha divertida e emocionante actividade de orientación, con diferentes retos cooperativos, no Monte da Toxa.

Tamén houbo tempo para xogar na Aldea dos Grobits.

A xornada rematou co retorno ao colexio no turitren. 

Unha xornada completiña chea de exercicio, compañeirismo e diversión. Que máis se pode pedir?


















Ningún comentario:

Publicar un comentario