🌸 23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro
Cada 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega e unha muller pioneira na defensa da nosa lingua e da nosa identidade cultural.
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela no ano 1837. Desde moi nova mostrou interese pola literatura e pola realidade social que a rodeaba. Viviu nunha época na que o galego estaba pouco valorado e apenas se utilizaba na escrita culta. Aínda así, decidiu escribir na nosa lingua, contribuíndo á súa dignificación e recuperación.
A obra de Rosalía de Castro é fundamental para comprender a literatura galega e o Rexurdimento. A través dos seus libros, a autora deu voz ao pobo galego, reflectindo a vida cotiá, as tradicións, a emigración e as inxustizas sociais da súa época.
Escribiu tanto en galego como en castelán, mais foron especialmente importantes as súas obras en lingua galega, xa que contribuíron á súa valorización literaria e cultural. Entre todas elas destacan poemarios que hoxe son considerados símbolos da identidade de Galicia. Entre as súas obras, destacar:
- Cantares Gallegos: É a súa obra máis coñecida e a que marcou o inicio do Rexurdimento galego. Nela exalta Galicia, a súa lingua, as tradicións e a vida do pobo galego, dándolle dignidade literaria ao galego.
- Follas Novas: Un libro máis profundo e intimista. Trata temas como a emigración, a morriña, a pobreza e as inxustizas sociais que sufría o pobo galego.
- En las orillas del Sar: Escrito en castelán, é unha obra poética moi reflexiva, centrada nos sentimentos, a soidade, o paso do tempo e a visión máis persoal da autora.
- EDUCACIÓN INFANTIL
- 1º CICLO DE PRIMARIA e 1º CICLO
- 2º CICLO DE PRIMARIA e 2º CICLO
- 3º CICLO DE PRIMARIA e 3º CICLO
Lembrar que o curso pasado vivimos un momento moi especial no noso centro, que foi a creación da canción de 6º e a gravación do seu videoclip. Foi un proxecto cheo de creatividade e traballo en equipo, no que o alumnado puxo palabras e emoción a todo o que quería expresar.
Non queremos que ese esforzo nin esa experiencia tan bonita queden no esquecemento. Aquel videoclip non foi só unha gravación, foi o reflexo da súa capacidade para crear. Cada estrofa, cada imaxe e cada sorriso forman parte da nosa historia como comunidade educativa.
Que aquela canción de 6º siga soando na nosa memoria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario