O pasado venres 30 de xaneiro, celebramos o "Día da Paz"!
O alumnado de 6º preparou un fermoso manifesto e xuntos cantamos e bailamos.
Tamén puxemos a funcionar a nosa "lavadora PaCifiCaDoRa"! Cada aula puxo no cesto da "roupa sucia" unha camiseta cunha palabra fea e colleu da pacificadora unha palabra bonita que colgamos no noso tendal, no recuncho do corredor "PACIFICA AS TÚAS VERBAS".
Foi un bonito día para conmemorar pero... non debemos esquecer que debemos colaborar e conmemorar a PAZ tódolos días do ano!


Ningún comentario:
Publicar un comentario